Evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 GALICIA

, ,

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 30 de marzo de 2020, da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.


O Centro de Coordinación Operativa (Cecop), na súa reunión do 30 de marzo de 2020, adoptou o seguinte acordo:
«ACORDO DO CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA DA SITUACIÓN
DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
DE GALICIA, DECLARADA POLO ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DO 13 DE MARZO DE 2020, COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS COVID-19
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 declarou a situación de emerxencia sanitaria de interese galego e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia, coa conseguinte asunción de todas as actividades de emerxencia polo titular da Presidencia da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue.
A activación do Plan implicou a constitución do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), co obxecto de garantir o funcionamento e a operatividade do Plan.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia prevé que para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptarse medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme o que se dispoña se así o aconsellan as necesidades da emerxencia e dos bens que hai que protexer.
En particular, habilítase o Cecop para revisar ou adaptar ás circunstancias as previsións establecidas no acordo.
Tendo en conta o exposto, o Centro de Coordinación Operativa
ACORDA:
Primeiro. Mantemento da vixencia das medidas preventivas adoptadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia polo Cecop con base nos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 12, do 13 e do 27 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, mentres estea vixente a declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado e a situación de emerxencia sanitaria declarada por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, no que resulte compatible e non se opoña ao previsto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e na normativa e actos estatais e autonómicos ditados en desenvolvemento e aplicación do dito real decreto
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 2020 dispón:
«O mantemento da vixencia das medidas preventivas adoptadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de saúde pública, polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 12 e do 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, mentres estea vixente a declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado e a situación de emerxencia sanitaria declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, no que resulte compatible e non se opoña ao previsto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e na normativa e actos estatais e autonómicos ditados en desenvolvemento e aplicación do dito real decreto».
No punto cuarto do Acordo do 13 de marzo habilitouse o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) previsto no propio acordo para revisar ou adaptar ás circunstancias as previsións establecidas nel. Con base nesta habilitación, o Cecop adoptou acordos de revisión e adaptación das medidas acordadas.
En particular, o Cecop adoptou unha serie de medidas preventivas cunha duración concreta, coincidente coa establecida nos acordos do Consello da Xunta de Galicia.
Cómpre salientar que tales medidas teñen o seu fundamento, como se indica expresamente nos referidos acordos do Consello da Xunta de Galicia, na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; na Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública; na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.
O 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A dita declaración, que afecta todo o territorio nacional, ten unha duración inicial de 15 días naturais, ben que o Pleno do Congreso dos Deputados autorizou o mércores 25 de marzo, a prórroga do estado de alarma ata as 00.00 horas do domingo 12 abril.
Entre as medidas que contén o dito real decreto recóllense moitas das adoptadas pola Comunidade Autónoma de Galicia nos acordos citados. Ademais, conforme a disposición derradeira primeira, mantense a vixencia das medidas adoptadas polas autoridades competentes das comunidades autónomas que resulten compatibles co disposto no dito real decreto.
Con posterioridade, foron ditadas, en desenvolvemento e aplicación do dito real decreto, diversas ordes e instrucións por parte da Administración estatal e tamén pola Administración autonómica.
Neste contexto resulta conveniente, en prol da necesaria seguridade xurídica e co fin de evitar dúbidas interpretativas, declarar expresamente o mantemento da vixencia das medidas adoptadas, no ámbito da Comunidade Autónoma, polo Cecop, no que sexa compatible e non se opoña ao disposto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e na normativa e actos, tanto estatais como autonómicos, ditados no seu desenvolvemento e aplicación.
En virtude do exposto, e en consonancia co disposto polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 2020, acórdase:
O mantemento da vixencia das medidas preventivas adoptadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de saúde pública, polos acordos do Cecop, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, mentres estea vixente a declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado e a situación de emerxencia sanitaria declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, no que resulte compatible e non se opoña ao previsto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e na normativa e actos estatais e autonómicos ditados en desenvolvemento e aplicación do dito real decreto.
Segundo. Continuación de determinados procedementos administrativos de contratación da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica
A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, tendo en conta o carácter transversal dos servizos que presta á Administración autonómica e ao seu sector público e a natureza necesaria para o funcionamento da administración dos contratos a que se refire, dá traslado ao Cecop dunha resolución en que se determina de forma motivada a continuación de determinados procedementos administrativos de contratación ao abeiro do disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Segundo a disposición adicional terceira do real decreto, «1. Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos restablecerase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, se é o caso, as súas prórrogas».
Porén, como indica o número 4 da disposición «As entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral, ou para o funcionamento básico dos servizos».
O Acordo do Cecop do 15 de marzo de 2020 expresa unha serie de funcións que se consideran de carácter esencial como as seguintes «as vinculadas a funcións tales como a seguridade, mantemento de edificios, comunicacións e outros servizos relacionados coas tecnoloxías da información, pagamento a provedores, habilitacións, gardaría forestal e ambiental, centros de recuperación da fauna e razas autóctonas, as propias do servizo de gardacostas de Galicia, servizos de alertas sanitarias en todas as súas modalidades, servizos de inspección de saúde pública e inspección ambiental, servizos de prevención e extinción de incendios de Galicia, así como todas aquelas que determinen os órganos directivos por considerárense necesarias para garantir a continuidade das funcións básicas».
Esta lista de funcións esenciais é un dos elementos que deben ter en conta os diferentes órganos de contratación á hora de decidir o inicio ou a continuación dos procedementos de contratación en curso.
Tamén pode utilizarse como criterio interpretativo, entre outros posibles, a lista de contratos recollida no número 6 do artigo 34 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19:
a) Contratos de servizos ou subministración sanitaria, farmacéutica ou doutra índole, cuxo obxecto estea vinculado coa crise sanitaria provocada polo COVID-19.
b) Contratos de servizos de seguridade, limpeza ou de mantemento de sistemas informáticos.
c) Contratos de servizos ou subministración necesarios para garantir a mobilidade e a seguridade das infraestruturas e servizos de transporte.
De acordo co exposto, as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a iniciación ou continuación daqueles procedementos de contratación administrativos, que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou que sexan indispensables para o funcionamento básico dos servizos.
Corresponde aos distintos órganos de contratación, para estes efectos, velar polo funcionamento dos servizos da súa competencia e adoptar os acordos que procedan sobre o inicio ou continuación dos procedementos de contratación.
A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), como organismo dependente da Administración autonómica, ten encomendados, entre outras funcións, o mantemento e soporte tecnolóxico das plataformas, sistemas e telecomunicacións da Xunta de Galicia, así como dos seus organismos e entidades dependentes, polo que está obrigada a garantir os medios técnicos e humanos para o desenvolvemento desta función.
Considerando o contexto actual de restrición da mobilidade en que, en atención a criterios e recomendacións das autoridades sanitarias, a Administración procedeu á habilitación de medidas de prestación de servizos en réxime de teletraballo por parte dos empregados públicos, resulta esencial continuar coa tramitación daqueles expedientes destinados a garantir o correcto funcionamento dos servizos corporativos, así como os vinculados á administración electrónica, sen que poida pretenderse a paralización das contratacións relacionadas cos aspectos indicados so pena de vulnerar os principios de eficacia e eficiencia a que debe orientar a súa actuación a Administración na xestión dos servizos públicos, ademais de que poderían quedar sen efecto as medidas organizativas adoptadas para facer fronte á evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Do mesmo xeito e con base nos mesmos principios, resulta esencial continuar coa tramitación daqueles expedientes destinados a garantir a correcta prestación de servizos públicos á cidadanía, tanto durante a vixencia do estado de alarma actual como no momento inmediatamente posterior ao seu levantamento (entre outros, os destinados a garantir a dotación a alumnado e profesorado de equipamentos e contidos educativos para o vindeiro curso lectivo ou plataformas que precisan estar operativas ao finalizar do estado de alarma), coa finalizade de minimizar, na medida do posible, o impacto da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 na esfera da cidadanía, xa que non resultaría admisible a paralización de servizos públicos.
Con base nas consideracións anteriores, o Cecop, sen prexuízo da competencia dos distintos órganos de contratación para apreciar en cada caso as circunstancias concorrentes, tendo en conta o carácter transversal dos servizos que presta a Amtega á Administración autonómica e ao seu sector público e a natureza necesaria para o funcionamento da administración dos contratos a que se refire, toma razón da lista de procedementos de contratación cuxa tramitación debe continuar, de acordo coa xustificación que se recolle na resolución ditada pola Dirección da Amtega, por consideralos indispensables para o funcionamento básico dos servizos. A lista de contratacións recóllese como anexo I deste acordo.
As resolucións motivadas dos órganos de contratación polas que se dispón a continuación da tramitación de contratos deberán publicarse no perfil do contratante e na Plataforma de contratos públicos de Galicia, sen prexuízo de que, cando se considere pertinente, poida darse traslado a este Cecop para o seu coñecemento e toma de razón.
Terceiro. Directrices sobre modalidades de pagamento dos contratos que teñan por obxecto a adquisición de material destinado a atender as necesidades derivadas da crise sanitaria provocada polo COVID-19 que se deban concertar con provedores no estranxeiro
Apróbanse, por proposta da Consellería de Facenda, as seguintes directrices:
A rápida e xeneralizada propagación a nivel mundial do virus COVID-19, que levou a declaración de pandemia pola OMS, provocou unha necesidade extraordinaria de adquisición por parte de todas as autoridades sanitarias dos diferentes países de equipamentos de protección individual para todo o persoal sanitario e de servizos sociais. Estas compras masivas fixeron que no mercado internacional de provedores dos produtos demandados se producise unha forte tensión.
Por diferentes motivos, neste tipo de contratos de subministracións de bens, os órganos de contratación estanse atopando con determinadas exixencias de pagamento por parte de provedores estranxeiros. É, polo tanto, preciso que os órganos de contratación engadan nestes contratos estipulacións tendentes a preservar os intereses da Administración ante posibles incumprimentos do contratista.
O grave perigo que supón o número de infectados e a expansión do virus determina que a Administración autonómica considere que concorren as circunstancias establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para a adquisición dos produtos necesarios polo trámite de emerxencia, dado que a Administración se ve obrigada a actuar de maneira inmediata.
Neste sentido, o Real decreto lei 9/2020, do 27 de marzo, polo que se adoptan medidas complementarias, no ámbito laboral, para paliar os efectos derivados do COVID-19, establece na súa disposición derradeira segunda:
Dáse nova redacción ao artigo 16 do Real decreto lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19, modificado pola disposición derradeira sexta do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, que queda redactado como segue:
«Artigo 16. Contratación
1. A adopción de calquera tipo de medida directa ou indirecta por parte das entidades do sector público para facer fronte ao COVID-19 xustificará a necesidade de actuar de maneira inmediata e será de aplicación o artigo 120 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
2. De acordo coa previsión establecida no parágrafo anterior, a todos os contratos que deban formalizar as entidades do sector público para atender as necesidades derivadas da protección das persoas e outras medidas adoptadas polo Consello de Ministros para facer fronte ao COVID-19 resultaralles de aplicación a tramitación de emerxencia (…).
Deste modo, cando se declare a emerxencia polos distintos órganos de contratación, poden, de acordo coa lei, contratar libremente o seu obxecto, sen suxeitarse aos requisitos formais establecidos na Lei de contratos.
En particular, de acordo coa redacción actual do artigo 16 do Real decreto lei 7/2020, en norma que tamén se pode considerar aplicable á Administración da Comunidade Autónoma e ao seu sector público, establece que nestes casos, se for necesario realizar aboamentos á conta por actuacións preparatorias que realice o contratista, non será de aplicación o disposto respecto ás garantías na mencionada Lei 9/2017 e será o órgano de contratación quen determinará tal circunstancia en función da natureza da prestación que se vaia contratar e a posibilidade de satisfacer a necesidade por outras vías, deixando xustificación da decisión adoptada no expediente.
Así mesmo, debe terse en conta que moitas destas contratacións, dadas as restricións do mercado nacional, se deben perfeccionar no estranxeiro e con suxeición á lei estranxeira, polo que resultarán aplicables as regras da Lei 9/2017 para as contratacións no estranxeiro (disposición adicional primeira), debidamente adaptadas á situación de emerxencia concorrente.
Debe terse en conta que a regra xeral sempre nestas contratacións debe ser exixir ao provedor unhas garantías análogas ás previstas na lei para asegurar a execución do contrato, sempre que isto sexa posible e adecuado ás condicións do Estado en que se efectúa a contratación e, na súa falta, as que sexan usuais e autorizadas no devandito Estado ou resulten conformes coas prácticas comerciais internacionais.
En particular, o pagamento do prezo condicionarase á entrega polo contratista da prestación convida, salvo que se opoña a iso o dereito ou os costumes do Estado, suposto en que se deberá exixir garantía que cubra o anticipo, prestada na forma prevista no parágrafo anterior.
A Lei 9/2017 permite tamén na súa disposición adicional primeira que, excepcionalmente, por resolución motivada do órgano de contratación, e cando as circunstancias así o impoñan, poderá eximirse da prestación desta garantía, sempre que iso sexa conforme coas prácticas comerciais internacionais.
Ademais, a redacción actual do artigo 16 do Real decreto lei 7/2002 (tras a modificación efectuada polo Real decreto lei 9/2020) establece, en norma que se considera de aplicación á Administración da Comunidade Autónoma e ao seu sector público:
«Cando sexa imprescindible de acordo coa situación do mercado e o tráfico comercial do Estado en que a contratación se leve a cabo, poderán realizarse a totalidade ou parte dos pagamentos con anterioridade á realización da prestación polo contratista, na forma prevista no número 2. O risco de quebranto que puidese derivar destas operacións será asumido polo orzamento do Estado».
Polo tanto, nos casos en que o contratista exixa o pagamento anticipado, con carácter previo á entrega da mercadoría, tendo en conta a situación de emerxencia e a necesidade dos produtos, con carácter xeral o órgano de contratación pode realizar este anticipo, cando considere que resulta imprescindible, de acordo coa situación do mercado e o tráfico comercial do Estado en que a contratación se leve a cabo.
Para estes efectos, o órgano de contratación deberá ponderar a natureza da prestación que se vai contratar e a posibilidade de satisfacer a necesidade por outras vías. Da xustificación da decisión adoptada deberá deixarse constancia no expediente.
Nestes casos, non será preceptivo exixir garantías, como indica o número 2 do artigo 16. O risco de quebranto que puidese derivar destas operacións será asumido polo orzamento da Comunidade Autónoma.
Sen prexuízo do indicado, e se for posible polas circunstancias concorrentes sen risco para a perfección da operación, o órgano de contratación procurará exixir as garantías usuais e autorizadas no Estado en que se realice o contrato que resulten conformes coas prácticas comerciais internacionais.
De acordo co exposto, para o caso en que sexa posible exixir garantías de acordo co previsto do parágrafo anterior, estas garantías, conformes coas prácticas comerciais internacionais, poderán consistir, segundo os casos, no seguinte:
– Créditos documentarios, ou outros instrumentos similares admitidos no tráfico internacional, en que se precisen os documentos que debe presentar o contratista á entidade financeira correspondente para obter o pagamento, facendo especial fincapé nos documentos que acrediten a posta á disposición do transportista dos produtos.
Neste sentido, a Consellería de Facenda porá á disposición dos diferentes órganos de contratación modelos de pólizas de créditos documentarios, ou instrumentos similares, tras a negociación con entidades financeiras para a apertura das correspondentes liñas de crédito.
– No suposto de que a utilización das formulas anteriores non sexa posible nas circunstancias concretas, poderase establecer, xustificando no expediente a súa necesidade, un réxime de aboamentos anticipados ao contratista oportunamente garantidos por este cun aval bancario a favor da Xunta de Galicia e que a cubra no caso de incumprimento do contratista. Os custos de formalización do dito aval bancario poderán ser aboados polo órgano de contratación, deixando constancia disto no contrato.
Como se expresou, e de acordo coa redacción vixente do artigo 16 do Real decreto lei 7/2020, cando ningunha das solucións anteriores sexa viable, tendo en conta a situación de emerxencia, a necesidade dos produtos e as circunstancias concorrentes, o órgano de contratación poderá realizar o anticipo de fondos sen exixir a prestación de garantía cando o considere imprescindible, de acordo coa situación do mercado e o tráfico comercial do Estado en que a contratación se leve a cabo. O risco de quebranto que puidese derivar destas operacións será asumido polo orzamento da Comunidade Autónoma.
Cuarto. Bolsas de agarda de emprego temporal ou interino
Para acadar unha máis áxil cobertura das necesidades de persoal, poderán adoptarse medidas extraordinarias na xestión das listas derivadas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Estas medidas excepcionais son as que a continuación se relacionan, sen prexuízo de ter que adoptar outras medidas análogas se as necesidades do servizo o requiren:
Os chamamentos para o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia faranse telefonicamente nos termos do artigo 14 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
No suposto de non existiren aspirantes nas categorías profesionais de médico/a (grupo I, categoría 2), ATS (grupo II, categoría 2), auxiliar de clínica (grupo IV, categoría 3), e outras de perfil sanitario, acudirase ao procedemento establecido no artigo 7.5.b).b.1.2 do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia ou, opcionalmente, ás listas de selección temporal xestionadas polo Servizo Galego de Saúde nos termos da Resolución conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda pola que se establece o procedemento para a cobertura temporal de postos nos respectivos ámbitos, ante o incremento da carga asistencial derivada da atención do SARS-Cov-2, do 23 de marzo de 2020.
Así mesmo, de non existiren integrantes das listas dispoñibles para ser chamados e non sexa posible acudir ao procedemento establecido no artigo 7.5.b).b.1.2 do V Convenio, poderase acudir á relación de penalizados da categoría profesional correspondente que solicitaron a reincorporación nas listas ao abeiro do artigo 18.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, ou aos integrantes das listas que solicitaron a suspensión das citacións e a reincorporación ao abeiro do artigo 15.2 do Decreto 37/2006, ou aos que solicitaron a inclusión nas listas no mes de marzo de 2020 ou, opcionalmente, á relación de penalizados que non solicitasen a reinclusión nas listas.
Ademais, no suposto de inexistencia de integrantes das listas e imposibilidade de acudir ao procedemento regulado no artigo 7.5.b).b.1.2 do V Convenio, en postos pertencentes á categoría profesional de auxiliar de clínica (IV-3), poderá accederse opcionalmente a persoal doutras listas de contratación temporal na categoría profesional de xerocultor/a (grupo IV, categoría 43), cuxas listas foron aprobadas provisionalmente, ou na categoría profesional de auxiliar coidador/a (grupo IV, categoría 4), seleccionando nestes últimos supostos a integrantes das listas que estean en posesión do título de formación profesional de grao medio de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría ou equivalente.
As medidas que se adopten comunicaranse ás organizacións sindicais.
O establecido nestas medidas ten vixencia limitada á duración do estado de alarma/alerta sanitaria e ás súas prórrogas, de ser o caso.
Quinto. Medidas extraordinarias en materia de vivenda
Por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, apróbanse as seguintes medidas extraordinarias en materia de vivenda para axudar a paliar a situación de colectivos vulnerables de empresas que se viron moi afectadas con motivo das medidas excepcionais adoptadas en relación co COVID-19:
1.1. O Instituto Galego da Vivenda e Solo non presentará ao cobramento mediante domiciliación bancaria nin exixirá o pagamento inmediato dos recibos de alugamento das vivendas de titularidade de Xestur Galicia no mes de abril de 2020.
1.2. O Instituto Galego da Vivenda e Solo non pasará ao cobramento a renda ou canon de alugamentos ou dereitos de superficie das parcelas en polígonos empresariais de Xestur Galicia e do Instituto Galego da Vivenda e Solo do mes de abril de 2020.
Sexto. Comité de fabricación de emerxencia sanitaria
Tras a declaración de estado de alarma e de emerxencia sanitaria a rápida progresión da pandemia a nivel mundial está a supor a ausencia de equipamentos de protección individual, os coñecidos como EPI, e doutros materiais como máscaras, batas ou luvas nos mercados internacionais. Esta situación estase convertendo nun reto engadido á hora de combater o coronavirus e poder desenvolver actividades esenciais, produtivas ou comerciais en condicións de seguridade.
Ante unha situación de excepcionalidade e nun exercicio de responsabilidade e anticipación nun non desexado estado de desabastecemento destes produtos a nivel mundial e tendo en conta que desde a Administración autonómica estamos recibindo multitude de propostas do noso sector produtivo para reorientar as súas capacidades de fabricación aos produtos que as autoridades entenden como necesarios na loita desta pandemia, cremos necesario organizar toda esta oferta de produción coa demanda crecente destes produtos.
Para organizar estes fluxos e poder comezar canto antes a fabricación destes produtos procedemos a constituír o Comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria.
Un aspecto importante é, sen dúbida, a urxencia e inmediatez da situación, así como o propio estado de alarma e de emerxencia sanitaria, polo que neste comité estará integrado o Issga para homologar os cumprimentos e operatividade mínima dos produtos deseñados e autorizados para a súa fabricación.
Xa que logo, acórdase:
1º. Crear o Comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria.
2º. Este Comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria estará composto polos seguintes membros:
– Un representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– Un representante da Consellería de Sanidade.
– Un representante da Consellería de Política Social.
– Un representante da Axencia Galega de Innovación.
– Un representante do Igape.
– Un representante de Xesgalicia.
– Un representante do Issga.
– Un representante da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
3º. O Comité poderá contar con representantes do resto de consellerías cando se analicen propostas que afecten os seus ámbitos sectoriais.
4º. As competencias do Comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria son:
– Identificar e asesorar nos estándares de calidade e seguridade mínimos de determinados produtos que poderían utilizarse no eido da industria, o comercio e os servizos sociais non asistenciais en Galicia.
– Promover os desenvolvementos e reorientacións industriais e de innovación cara a produtos necesarios na situación de emerxencia sanitaria.
– Autorizar a fabricación de determinados produtos, sen prexuízo dos correspondentes expedientes de contratación pública para a adquisición do compromiso entre o novo fabricante e a Administración autonómica.
Sétimo. Aprobación do protocolo de actuación que hai que seguir para a adopción, como medida excepcional, da realización de servizos asistenciais en centros residenciais para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
O Cecop, por proposta da Consellería de Política Social, aproba o protocolo de actuación que figura como anexo II a este acordo, que hai que seguir para a adopción, como medida excepcional, da realización de servizos asistenciais en centros residenciais para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Oitavo. Acordo sobre a realización de funcións do persoal do Servizo de Incendios como servizo de asistencia á emerxencia no rural en concellos de menos de 5.000 habitantes
Con data do 18 de marzo de 2020, na reunión do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), foi aprobada, por petición da Consellería do Medio Rural, a posibilidade de utilizar o Servizo de Extinción de Incendios como servizo de asistencia á emerxencia provocada polo coronavirus.
Tal acordo ten o seu fundamento no previsto no artigo 17 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema nacional de protección civil, de acordo co cal dentro dos servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil definidos nel se atopan os servizos de prevención e extinción de incendios.
Con base no anterior, a Consellería do Medio Rural modificou as instrucións da Consellería do Medio Rural relativas a medidas de prevención do COVID 19 nos seus centros e servizos dependentes, no sentido de engadir, no que ao persoal do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais se refire, o seguinte:
No artigo 5.4 do dito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, disponse que «os servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil definidos no artigo 17 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema nacional de protección civil, actuarán baixo a dependencia funcional do ministro do Interior».
Sen prexuízo do anterior, o artigo 6 do citado real decreto dispón que cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servizos para adoptar as medidas que considere necesarias no marco das ordes directas da autoridade competente para os efectos do estado de alarma e sen prexuízo do establecido nos artigos 4 e 5.
Dentro dos servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil definidos no artigo 17 da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema nacional de protección civil, encóntranse os servizos de prevención e extinción de incendios.
Desde a consideración de que o SDPIF pode ser activado como un servizo de asistencia en emerxencias, esta consellería estivo aprovisionándose, desde a declaración do estado de alarma e do estado de emerxencia sanitaria, de todo o material de protección necesario para os nosos traballadores. Debemos ter en conta neste sentido que as funcións de extinción que desempeña o servizo fan que o noso persoal xa dispoña de EPI e de material de protección, polo que o que foi preciso é complementar o material de protección actualmente existente con todo aquilo que consideramos necesario para poder traballar en condicións de máxima protección.
A maiores, aprovisionámonos de maquinaria e produtos que nos permitan actuar en posibles desinfeccións de locais ou zonas afectadas polo coronavirus.
Adicionalmente, preparamos os protocolos de actuación do persoal nestas situacións co fin de garantir a súa seguridade no desenvolvemento das súas funcións.
De acordo co anterior, nos próximos días, segundo determine e comunique a Dirección Xeral de Defensa do Monte e, en todo caso, unha vez que o dispositivo conte coa totalidade do material de protección, así como maquinaria e produtos de desinfección, protocolos e formación para o desempeño destas funcións, o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios de Galicia procederá a actuar no rural galego en funcións de servizo de asistencia a esta emerxencia, dentro dos mecanismos de coordinación que, se é o caso, se determinen, e sempre garantindo a dispoñibilidade máxima para atender a súa función principal, que é a extinción de incendios.
Desde esta perspectiva, as funcións adicionais que pasará a desempeñar o servizo serán as seguintes:
– Vixilancia de zonas de lecer rurais para garantir o cumprimento das obrigacións de confinamento decretadas no estado de alarma.
– Colaboración na desinfección de instalacións, locais ou medios de transporte da Administración autonómica.
– Colaboración na desinfección de locais e zonas de uso común no rural galego.
– Colaboración coas autoridades locais para o auxilio a persoas domiciliadas en zonas remotas ou de difícil acceso.
– Transporte de materiais tales como víveres ou material sanitario, entre outros, a zonas do rural galego.
– Disuasión de posibles comportamentos incendiarios.
– Colaboración nas comunicacións a través da nosa rede de emisoristas, ou utilizando o sistema de comunicacións TETRA.
Tomando, pois, en consideración as novas funcións en materia de emerxencias que o dispositivo de incendios comezou a desenvolver nos días previos, o Cecop adopta, por proposta da Consellería do Medio Rural, o seguinte acordo:
O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, na súa función de asistencia á emerxencia do COVID-19, exercerá funcións de desinfección das zonas exteriores dos centros residenciais de maiores, así como dos centros de saúde, actualmente en funcionamento nos concellos de menos de 5.000 habitantes da nosa Comunidade Autónoma. Así mesmo, o servizo poderá levar a cabo desinfeccións en concellos de máis de 5.000 habitantes, ou en zonas exteriores de centros de servizos sociais de carácter residencial doutras tipoloxías, cando así o determine a Administración autonómica por así requirirse en atención ás circunstancias e necesidades concorrentes.
Os devanditos concellos de menos de 5.000 habitantes, así como os centros correspondentes, son os que figuran no cadro anexo III ao presente acordo.
Decídese, así mesmo, remitir este criterio á Administración do Estado, para os efectos do seu coñecemento e adecuada coordinación con esta Administración autonómica.
Noveno. Acordo sobre o carácter esencial das funcións do persoal que presta servizos de loxística, distribución e transporte de equipamentos de protección individual e material sanitario e/ou sociosanitario
O Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, dispón no seu anexo que non será obxecto de aplicación o permiso retribuído regulado no citado real decreto lei a determinados colectivos de persoas traballadoras por conta allea, entre outros:
4. As que prestan servizos na cadea de produción e distribución de bens, servizos, tecnoloxía sanitaria, material médico, equipamentos de protección, equipamento sanitario e hospitalario e calquera outro material necesario para a prestación de servizos sanitarios.
6. As que realizan os servizos de transporte, tanto de persoas como de mercadorías, que se continúen desenvolvendo desde a declaración do estado de alarma, así como de aquelas que deban asegurar o mantemento dos medios empregados para iso, ao abeiro da normativa aprobada pola autoridade competente e as autoridades competentes delegadas desde a declaración do estado de alarma.
23. As que prestan servizos naqueles sectores ou subsectores que participan na importación e subministración de material sanitario, como as empresas de loxística, transporte, almacenaxe, tránsito alfandegueiro (transitarios) e, en xeral, todas aquelas que participan nos corredores sanitarios.
Tomando, pois, en consideración os servizos esenciais indicados no anexo do Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, o Cecop, co obxecto de garantir a continuidade da actuación das plataformas loxísticas organizadas pola Administración autonómica para a xestión da distribución de subministración e materiais precisos para a xestión da crise sanitaria, indispensables para a adecuada prestación dos servizos públicos, adopta o seguinte acordo:
Os servizos de loxística, distribución e/ou transporte de equipamentos de protección individual e de material sanitario e/ou sociosanitario realizados por empresas públicas ou privadas para o sector público teñen natureza de servizo esencial ao abeiro do previsto no Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, e non lles resulta, polo tanto, de aplicación o permiso retribuído regulado no dito real decreto lei, tal e como se dispón nel.
Decídese, así mesmo, remitir este criterio á Administración do Estado, para os efectos do seu coñecemento e adecuada coordinación con esta Administración autonómica.
Décimo. Proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro de 2020)
A Consellería de Economía, Emprego e Industria dá traslado ao Centro de Coordinación Operativa (Cecop) da necesidade de modificar as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro de 2020).
Para estes efectos, a consellería xustifica que a situación provocada pola epidemia do COVID-19 está a ter un impacto na economía tanto a nivel nacional como internacional. Ante este contexto, o tecido empresarial galego e, en particular, os autónomos e as pequenas e medianas empresas pódense enfrontar a tensións de liquidez causadas por diferentes factores: caída das vendas, interrupción da actividade, menor demanda, falta de subministracións ou rescisión de contratos.
Por este motivo, a consellería considera necesaria a creación dunha liña específica para, por unha banda, conseguir que os autónomos e as pequenas e medianas empresas accedan ao crédito nunhas condicións preferentes que lles permitan atender as súas necesidades máis inmediatas ─como o pagamento de salarios, de facturas, alugamentos ou os impostos─ e, por outra, mobilizar os avais para a cobertura das operacións concedidas polas entidades financeiras e conceder reavais ás sociedades de garantía recíproca que as avalan.
Esta liña estaría orientada á obtención de liquidez inmediata por parte dos autónomos e pequenas e medianas empresas. Dentro da liña, que permitirá mobilizar 250 M €, habilítase un primeiro tramo de operacións avaladas por importe de 100 M €.
Tendo en conta o exposto, o Centro de Coordinación Operativa toma razón das necesidades postas de manifesto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e entende que concorre un interese público na modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro de 2020).
Así mesmo, de acordo co exposto, e para os efectos do establecido na disposición adicional terceira, «Suspensión de prazos administrativos», do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, o Cecop entende que concorren os supostos para que o órgano competente acorde motivadamente a continuación dos procedementos administrativos regulados nas bases reguladoras anteditas, por concorreren razóns de protección do interese xeral e, coa urxencia que demande a situación, modifique de acordo co indicado as referidas bases reguladoras.
Décimo primero. Acuerdo en relación con el informe sobre las medidas adoptadas para habilitar soluciones de alojamiento para las personas y colectivos afectados por el cierre de establecimientos turísticos
En relación con el seguimiento de la implementación de las medidas adoptadas por el Cecop en su reunión de 21 de marzo (DOG de 22 de marzo), la Consellería de Cultura y Turismo pone de manifiesto las acciones ejecutadas y la actual disponibilidad a día de hoy de 113 establecimientos hosteleros para tratar de abordar la variada tipología de necesidades habitacionales para las personas y colectivos que precisan ver amparadas sus situaciones, tanto por razones personales (colectivos especialmente vulnerables) como por razón de pertenencia a colectivos profesionales que prestan servicios esenciales o servicios vinculados a satisfacción de los intereses públicos (sanitarios, servicios sociales, transporte, fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado, telecomunicaciones, etc.).
La Consellería de Cultura y Turismo manifiesta la necesidad de que se tenga en cuenta el carácter dinámico de la lista de establecimientos disponibles, que se actualiza diariamente en la página web de Turismo de Galicia, a los efectos de que en una eventual modificación de la Orden TMA/2020, de 23 de marzo, por la que se declaraban servicios esenciales a determinados alojamientos turísticos y se adoptan disposiciones complementarias, y que se tenga en cuenta para declarar su carácter esencial a los efectos de seguir prestando servicios en relación con el Real decreto ley 10/2020, de 29 de marzo (BOE de 29 de marzo).
Asimismo el Cecop toma razón de la posible necesidad de la firma de documentos de cesión temporal de establecimientos para el fin de acogida de colectivos vinculados a la prestación de servicios esenciales por parte de la Conselleería de Cultura y Turismo, en los que se asuma, en su caso, la compensación de los gastos derivados de la apertura por la urgencia de la situación y por las dificultades para la puesta en marcha de establecimientos cerrados y necesarios en las actuales circunstancias.
ANEXO I
Procedementos administrativos de contratación da Amtega
cuxa tramitación debe continuar
– AMT-2020-0001 Subministración dunha solución de protección avanzada para o posto cliente, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– AMT-2020-0018 Servizo de xestión e auditoría da calidade na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
– AMT-2019-0048 Contratación do servizo de coordinación e asesoramento especializado de proxectos no ámbito de administración electrónica, cofinanciado nun 8 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– AMT-2019-0063 Servizo de coordinación dos sistemas de análise e almacén de información corporativo, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– AMT-2020-00011 Servizo de implantación da administración electrónica xudicial en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– AMT-2020-0014 Servizo de adaptación, implantación, evolución e soporte técnico especializado do sistema Fides para a xestión do expediente electrónico do persoal empregado público e dos procesos de provisión de persoal.
– AMT-2020-0035 Servizo de posta á disposición da comunidade educativa non universitaria de Galicia de contidos curriculares dixitais para os cursos incluídos no proxecto Abalar E-Dixgal.
– AMT20200015 Contratación, mediante un acordo marco cun único empresario, suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento microinformático para centros educativos no marco do proxecto Abalar.
– AMT20200016 Contratación mediante un acordo marco cun único empresario, suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de ordenadores portátiles para centros educativos no marco do proxecto Abalar.
– AMT20200019 Servizo de almacenaxe e distribución de equipamento TIC.
– AMT-2020-0003 Subministración, instalación e posta en funcionamento dunha plataforma dixital de información para a Rede de Oficinas de Turismo de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– AMT-2020-0017 Subministración de licenzas de uso e actualización de produtos de software comercial empregados en postos de traballo corporativos.
– AMT-2020-0026 Subministración de medios complementarios TIC de posto de traballo na Xunta de Galicia.
– AMT-2019-0037 Contratación, mediante acordo marco, con varios empresarios, para a subministración e xestión integral de medios de dixitalización e impresión de documentos en centros da Xunta de Galicia.
– AMT20200009 Servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de apoio na xestión do Banco de Terras de Galicia.
ANEXO II
Protocolo de actuación que se seguirá para a adopción, como medida
excepcional, da realización de servizos asistenciais en centros residenciais
para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
Fundamento normativo
I. En cumprimento das previsións contidas na Lei orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, aprobouse o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
II. Como indica a Orde SND/265/2020, do 19 de marzo, de adopción de medidas relativas ás residencias de persoas maiores e centros sociosanitarios, ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os maiores, as persoas con discapacidade ou outros usuarios de residencias e outros centros sociosanitarios encóntranse en situación de vulnerabilidade ante a infección COVID-19 por varios motivos, como son, entre outros, que habitualmente se presentan en idade avanzada, patoloxía de base ou con morbilidades, e o seu estreito contacto con outras persoas, como son as súas coidadores e outros conviventes.
O número cuarto desta orde expresa:
«Cuarto. Medidas relativas aos profesionais sanitarios en relación coa atención sanitaria nas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios
1. A autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma poderá modificar a prestación de servizos do persoal médico, de enfermaría ou outro tipo de persoal sanitario vinculado coas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios, con independencia da súa titularidade pública ou privada, así como a correspondente a ese tipo de persoal vinculado con atención primaria ou atención hospitalaria ou especializada extrahospitalaria, se for o caso, para adaptalos ás necesidades de atención nas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios».
Este precepto permite, dadas as circunstancias excepcionais concorrentes, adoptar as medidas que sexan necesarias para dispor dos servizos do persoal sanitario vinculado con residencias e centros sociosanitarios para cubrir as necesidades de atención en residencias de maiores e outros centros sociosanitarios.
III. Neste sentido incide a Orde SND/275/2020, do 23 de marzo, pola que se establecen medidas complementarias de carácter organizativo, así como de subministración de información no ámbito dos centros de servizos sociais de carácter residencial en relación coa xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que recoñece a especial vulnerabilidade das persoas maiores, as persoas con discapacidade ou outros usuarios de centros residenciais e centros sociais con internamento ante a infección COVID-19, e a necesidade de dispor de recursos para a súa atención, que obrigan a adoptar novas medidas dirixidas a reducir o risco de contaxio e garantir a posibilidade de utilización de todos os recursos dispoñibles para a atención social e sanitaria destes colectivos.
IV. A Orde SND/232/2020, do 15 de marzo, pola que se adoptan medidas en materia de recursos humanos e medios para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, dispón no seu número oitavo:
«Oitavo. Posta á disposición das comunidades autónomas de medios e recursos sanitarios doutras administracións públicas e de centros e establecementos sanitarios privados
Durante o tempo en que pola progresión ou afectación da epidemia de COVID-19 non se poida atender adecuadamente a asistencia sanitaria da poboación cos medios materiais e humanos adscritos a cada comunidade autónoma, estas terán á súa disposición os centros e establecementos sanitarios privados, o seu persoal e as mutuas de accidentes de traballo».
Por tanto, coa finalidade de manter a asistencia sanitaria da poboación, as comunidades autónomas teñen á súa disposición o persoal dos centros privados.
Así mesmo, esta orde, no seu número décimo, faculta a Comunidade Autónoma a dispor e reorganizar todo tipo de persoal ao seu servizo da forma que xulgue necesaria para atender as necesidades xurdidas e garantir a protección deste colectivo de especial vulnerabilidade:
«Décimo. Réxime de prestación de servizos
1. As comunidades autónomas poderán adoptar as medidas necesarias para garantir a protección de persoas, bens e lugares, podendo impor aos empregados públicos e traballadores ao seu servizo, calquera que sexa a súa categoría profesional, servizos extraordinarios pola súa duración ou pola súa natureza.
2. As medidas que se adopten poderán ir dirixidas á encomenda de funcións distintas das correspondentes ao posto de traballo, categoría ou especialidade, así como medidas de mobilidade xeográfica.(…).
6. Todas as medidas deberán adoptarse co fin de contribuír á correcta prestación asistencial ou dos dispositivos de prevención, control ou seguimento e a súa aplicación realizarase con carácter gradual, utilizando de maneira racional os recursos humanos dispoñibles e non será de aplicación ás mulleres que se encontren en estado de xestación».
V. A Orde SND/295/2020, do 26 de marzo, pola que se adoptan medidas en materia de recursos humanos no ámbito dos servizos sociais ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19, expresa que «debido á situación crítica dos colectivos destinatarios dos servizos sociais, que precisan dunha atención ineludible e inaprazable, e ante a grave situación de falta de persoal que se está producindo nos centros e entidades públicos e privados acreditados que provén de tales servizos sociais esenciais, cómpre adoptar unha serie de medidas en relación cos recursos humanos deste sector que garantan a adecuada e debida asistencia dos sinalados colectivos».
O número segundo, «Ámbito de aplicación», establece:
«Esta orde é de aplicación a todos os centros e entidades que presten calquera dos servizos contidos no Catálogo de referencia aprobado por Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia o 16 de xaneiro de 2013, con independencia da súa titularidade, así como aos seus traballadores e traballadoras calquera que sexa a natureza da súa relación contractual ou administrativa.
Para os efectos do previsto na presente orde, os centros e entidades de titularidade privada a que se refire o parágrafo anterior terán a consideración de operadores de servizos esenciais cos efectos previstos no artigo 18.2 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo».
No seu número terceiro, a orde indica:
«Réxime de prestación de servizos.
1. O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) e as comunidades autónomas nos seus respectivos ámbitos de competencia en materia de servizos sociais poderán adoptar en materia de servizos sociais as medidas necesarias para a protección das persoas, bens e lugares, podendo impor aos traballadores e traballadoras dos servizos sociais a prestación de servizos extraordinarios, xa sexa en razón da súa duración ou da súa natureza.
As medidas que se adopten deberán contribuír á correcta prestación dos servizos sociais obxecto desta orde e deberán utilizar de maneira racional os recursos humanos dispoñibles. Así mesmo, deberán atender aos principios de necesidade e proporcionalidade.
Estas medidas non serán de aplicación ás mulleres que se encontren en estado de xestación.
2. O persoal dos centros e entidades a que se refire o número segundo contará con acreditación suficiente expedida pola súa entidade ou empresa para que lle sexan de aplicación os supostos pertinentes do artigo 7 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma.
3. As medidas que se adopten poderán ir dirixidas á encomenda de funcións distintas das correspondentes ao posto de traballo, categoría ou especialidade, ben que, preferentemente, as ditas funcións serán similares ou análogas ás do posto que se vén desempeñando e terase en conta a capacitación profesional. Así mesmo, poderanse adoptar medidas de reasignación de efectivos e cambios de centro de traballo sempre que non comporten a mobilidade xeográfica do traballador ou traballadora.
4. Todo o persoal de servizos sociais, independentemente de que xa estea prestando os seus servizos na modalidade de teletraballo ou outras, deberá estar dispoñible para ser requirido en calquera momento para a prestación de tarefas presenciais, con excepción daquelas persoas que se encontren en situación de illamento domiciliario por COVID-19. O anterior afecta tamén o persoal administrativo mínimo imprescindible para o desenvolvemento dos servizos.
5. Así mesmo, poderán adoptase as medidas que se consideren precisas en materia de xornada de traballo e descanso, permisos, licenzas e vacacións e reducións de xornada».
O número sétimo da orde, «Desenvolvemento e execución», expresa:
«Corresponde ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) e ás autoridades competentes de cada comunidade autónoma ditar as resolucións, disposicións e instrucións interpretativas que, na esfera específica da súa actuación, sexan necesarias para garantir a eficacia do disposto nesta orde».
De acordo co exposto, esta orde refírese expresamente xa a todo o persoal dos servizos sociais, con independencia da natureza da súa relación contractual ou administrativa e con independencia da titularidade dos centros, e permite, con carácter xeral, a imposición da prestación de servizos extraordinarios.
VI. De acordo co réxime normativo excepcional exposto cabe obter as seguintes conclusións:
– Respecto aos profesionais ou persoal sanitario (persoal médico, de enfermaría ou outro tipo de persoal sanitario vinculado con atención primaria, atención hospitalaria ou especializada extrahospitalaria, as residencias de maiores e outros centros sociosanitarios, con independencia da súa titularidade pública ou privada), poden realizarse as modificacións da prestación de servizos que sexan necesarias para cubrir as necesidades de atención tanto nas residencias de maiores como noutros centros sociosanitarios.
– A Orde SND/232/2020 aclara que estas medidas poden afectar tamén o persoal sanitario e, en xeral, o persoal, dos centros e establecementos privados.
– Con carácter xeral, esta Orde SND/232/2020 faculta a Comunidade Autónoma a dispor e reorganizar todo tipo de persoal ao seu servizo da forma que xulgue necesaria para atender ás necesidades xurdidas e garantir a protección deste colectivo de especial vulnerabilidade. Así, poden encomendarse a calquera tipo de persoal funcións distintas das correspondentes ao posto de traballo, categoría ou especialidade, así como medidas de mobilidade xeográfica, en canto sexa preciso para contribuír á correcta prestación asistencial ou dos dispositivos de prevención, control ou seguimento.
– A Orde SND/295/2020 refírese especificamente xa a todo o persoal dos servizos sociais, con independencia da natureza da súa relación contractual ou administrativa e con independencia da titularidade dos centros, e permite, con carácter xeral, a imposición da prestación de servizos extraordinarios.
– No caso de persoal non sanitario de servizos sociais, sexa de centros públicos ou privados, a matización que efectúa esta última orde é a de que as medidas de cambio de centro de traballo non poden comportar a mobilidade xeográfica. Para estes efectos, de acordo co Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores), debe entenderse por mobilidade xeográfica o establecido no seu artigo 40, isto é, o traslado a un centro de traballo que exixa cambio de residencia. Polo tanto e en todo caso, son posibles para este persoal as medidas que impliquen cambio de centro de traballo sempre que polas circunstancias concorrentes non impliquen cambio de residencia.
Polo demais, a cuestión do cambio de residencia debe ser interpretada en cada caso no marco das medidas concretas que proceda adoptar e a situación concorrente. Así, non terá a consideración de mobilidade xeográfica a encomenda de funcións temporal que comporte a realización de prestacións de servizos en centros de servizos sociais cando se trate de situacións que non exixirían, por si mesmas, un cambio de residencia en circunstancias normais, pero que, no caso concreto, por razóns da crise sanitaria e das necesidades de protección da saúde do propio traballador ou dos residentes, deba habilitar a Administración para eles un aloxamento transitorio próximo ao centro para a súa utilización, sempre a cargo da propia Administración.
VII. Debe terse en conta, así mesmo, que o Consello da Xunta de Galicia, no seu Acordo do 13 de marzo de 2020, declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
No seu número cuarto, o Acordo do Consello da Xunta establece: «Para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptarse medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme o que se dispoña se así o aconsellan as necesidades da emerxencia e dos bens que hai que protexer».
Neste sentido, o artigo 7 bis da Lei 17/2015, do 9 de xullo, do Sistema nacional de protección civil, dispón:
«Artigo 7 bis. Deber de colaboración
1. Os cidadáns e as persoas xurídicas están suxeitos ao deber de colaborar, persoal ou materialmente, na protección civil, en caso de requirimento da autoridade competente de acordo co establecido no artigo 30.4 da Constitución e nos termos desta lei».
Así mesmo, de acordo co artigo 7.3 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia:
«En caso de emerxencia os cidadáns deberán cumprir as ordes e instrucións, xerais ou particulares, que sexan ditadas polas autoridades competentes».
VIII. De acordo co exposto, considérase prioritaria a protección dos maiores, as persoas con discapacidade ou outros usuarios de residencias, e por isto resulta imprescindible adoptar todas as medidas necesarias para cubrir os servizos necesarios para a súa atención, polo que se aproba o seguinte protocolo de actuación.
Protocolo de actuación
Primeiro. Medidas respecto do persoal da Consellería de Política Social e entidades do sector público autonómico dependentes
I. Adopción de medidas de modificación da prestación de servizos do persoal dependente da Consellería de Política Social e entidades do sector público autonómico dependentes
1. A Consellería de Política Social e as entidades do sector público autonómico dependentes dela poderán impor servizos extraordinarios ou modificar a prestación de servizos de calquera tipo de persoal sanitario vinculado coas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios, coa finalidade de atender as necesidades de atención en calquera residencia de maiores ou outros centros sociosanitarios.
Así mesmo, sempre que sexa necesario para garantir a referida asistencia ou, en xeral, a protección das persoas, bens e lugares, poderá impor ao persoal non sanitario ao seu servizo servizos extraordinarios ou modificar a súa prestación de servizos.
As medidas serán aplicables con independencia do vínculo xurídico do persoal como funcionario, estatutario ou laboral.
2. Estas medidas poderán ir dirixidas tanto á realización das propias funcións da categoría de pertenza do persoal a que se require como á encomenda de funcións distintas das correspondentes ao posto de traballo, categoría ou especialidade. Así mesmo, poderán adoptase medidas en materia de xornada de traballo e descanso, permisos, licenzas e vacacións e reducións de xornada.
De acordo co indicado na Orde SND/232/2020, do 15 de marzo, pola que se adoptan medidas en materia de recursos humanos e medios para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, deberá garantirse que a suma dos descansos que deban ter lugar no conxunto dunha semana non sexa inferior a setenta horas, cunha media de descanso entre xornadas de traballo de dez horas.
3. Todas as medidas deberán adoptarse co fin de contribuír á correcta prestación asistencial ou dos dispositivos de prevención, control ou seguimento e a súa aplicación realizarase con carácter gradual, utilizando de maneira racional os recursos humanos dispoñibles e non será de aplicación ás mulleres que se encontren en estado de xestación.
De acordo co expresado, cando sexa preciso atender a cobertura das necesidades indicadas acudirase preferentemente ao persoal destinado nos centros da consellería ou entidades do sector público dependentes que estean cerrados por ter sido suspendida a súa actividade.
Dentro do persoal dispoñible seguiranse os seguintes criterios de preferencia, sempre que sexa posible de acordo coas circunstancias e a urxencia da situación que se presente:
a) Ofrecemento voluntario do persoal.
b) Proximidade xeográfica do posto de traballo do persoal afectado co centro en que se precisan os seus servizos.
c) Menor idade.
d) Menores cargas familiares.
4. Os actos e medidas que se deban adoptar non precisarán a tramitación de procedemento administrativo ningún. En particular, dada a súa natureza de encomenda funcional de servizos extraordinarios e transitorios baseados nunha situación de crise e emerxencia sanitaria, non precisarán da tramitación de ningún procedemento de provisión de postos de traballo nin da creación do posto na relación de postos de traballo no centro para o cal se solicita o empregado público.
Para efectos do indicado, as autoridades ou servizos da consellería e entidades do sector público dependentes poderán, coa urxencia que o caso requira e da forma máis efectiva posible, comunicar ao persoal a encomenda dos servizos ou funcións que sexan precisos, preferentemente por escrito ou de calquera outra maneira que quede constancia, sempre que isto sexa posible. Cando a orde atendendo ás circunstancias deba ser verbal, procurarase a súa formalización por escrito cando sexa posible.
5. As medidas de imposición de servizos extraordinarios ou de modificación da prestación de servizos comunicaranse unha vez efectuadas á Dirección Xeral de Función Pública para os efectos do seu coñecemento.
II. Supostos de insuficiencia ou inadecuación do persoal de Consellería de Política Social ou das entidades do sector público dependentes
1. Nos casos en que para a atención das necesidades concorrentes se prevexa a insuficiencia ou inadecuación do persoal dispoñible na Consellería de Política Social ou entidades do sector público dependentes, comunicaranse as necesidades de persoal á Dirección Xeral de Función Pública, para que esta proceda a identificar, coa maior urxencia posible, empregados públicos ou traballadores coas categorías ou titulacións adecuadas doutras consellerías ou entidades do sector público autonómico de que haxa constancia na dita dirección xeral, indicándolles que quedan á disposición da Consellería de Política Social ou entidades do sector público dependentes que teñan a necesidade de persoal e en expectativa de recibir as ordes pertinentes destas.
2. A Dirección Xeral de Función Pública terá en conta os mesmos criterios de preferencia expresados no número 3 do número anterior.
3. Unha vez identificados os indicados empregados públicos ou traballadores, comunicarase á Consellería de Política Social ou entidades do sector público dependentes, para que estas lles poidan dar as pertinentes ordes de servizos extraordinarios.
4. No caso de inexistencia ou insuficiencia de persoal poderase acudir ao chamamento ás bolsas derivadas dos decretos de listas, ao Servizo Público de Emprego ou a calquera outro procedemento extraordinario consonte coa urxencia da cobertura das necesidades de persoal que se considere axeitado e máis áxil.
III. Retribucións do persoal a que se refiren os números anteriores
1. As retribucións que percibirá o empregado público ou traballador nos casos establecidos nos números anteriores polas funcións ou servizos encomendados e durante o tempo que as desempeñaron non poden ser inferiores ás retribucións de postos similares da mesma categoría dentro da RPT da Consellería de Política Social coa inclusión dos complementos de penosidade, perigosidade, toxicidade e/ou de especial dedicación.
2. Para efectos do sinalado no número anterior, a Consellería de Política Social aboará un complemento comprensivo das ditas diferenzas tanto en soldo, se for o caso, como nos distintos complementos sinalados. As horas extraordinarias que procederen tamén serán aboadas pola Consellería de Política Social.
IV. Duración dos servizos extraordinarios ou das modificacións da prestación de servizos
A duración das medidas de imposición dos servizos extraordinarios ou das modificacións da prestación de servizos limitarase á duración do estado de alarma ou da situación de emerxencia sanitaria.
V. Comunicación ás organizacións sindicais
O presente protocolo e a adopción das medidas indicadas nos números anteriores comunicaranse ás organizacións sindicais para permitirlles o exercicio das funcións que lles son propias.
Segundo. Medidas respecto ao persoal dependente de centros ou establecementos privados
I. Medidas relativas aos profesionais sanitarios dependentes de centros ou establecementos privados en relación coa atención sanitaria nas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios
1. Cando o exixan as circunstancias concorrentes poderá modificarse a prestación de servizos do persoal médico, de enfermaría ou outro tipo de persoal sanitario vinculado coas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios, de titularidade privada, así como a correspondente a ese tipo de persoal vinculado con atención primaria ou atención hospitalaria ou especializada extrahospitalaria, para adaptala ás necesidades de atención nas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios.
2. Do mesmo modo, cando o exixan as circunstancias concorrentes, poderá imporse aos traballadores e traballadoras dos servizos sociais dependentes de centros ou establecementos privados a prestación dos servizos extraordinarios que sexan necesarios para a cobertura das necesidades de atención nas residencias de maiores e outros centros sociosanitarios.
3. En particular, acudirase a estas medidas cando nos centros residenciais de maiores ou centros sanitarios de titularidade pública non sexa posible cubrir as necesidades asistenciais coa suficiente urxencia con persoal do propio sector público, de acordo co indicado no número primeiro deste protocolo.
4. Cando a modificación na prestación de servizos consista na encomenda de funcións ou servizos noutro centro, será necesaria a audiencia previa dos responsables do centro ou establecemento privado en que desempeñase os seus servizos o persoal afectado. Tanto o persoal afectado como o centro ou establecemento privado terán dereito á correspondente compensación económica.
5. Estas medidas serán tamén aplicables respecto aos profesionais sanitarios e traballadores e traballadoras de servizos sociais dependentes de empresas que prestasen servizos para a Consellería de Política Social e entidades de dereito público dela dependentes no ámbito da xestión de calquera tipo de centros de servizos sociais.
II. Réxime aplicable
En canto ao contido das medidas, criterios de preferencia, comunicación das encomendas de servizos aos afectados, duración dos servizos extraordinarios ou das modificacións da prestación de servizos e comunicación ás organizacións sindicais, observarase o establecido no número primeiro deste protocolo.
ANEXO III
Relación de concellos e centros
Provincia Concello Distrito forestal Centros de saúde
Coruña, A Cabanas I-Ferrol Centro Saúde Cabanas
Coruña, A Capela, A I-Ferrol Centro Saúde A Capela
Coruña, A Cariño I-Ferrol Centro Saúde Cariño
Coruña, A Cerdido I-Ferrol Centro Saúde Cerdido
Coruña, A Mañón I-Ferrol Centro Saúde O Barqueiro
Coruña, A Mañón I-Ferrol Consultorio Grañas do Sor
Coruña, A Mañón I-Ferrol Consultorio Campo de Mañón
Coruña, A Moeche I-Ferrol Centro Saúde Moeche
Coruña, A Monfero I-Ferrol Centro Saúde Monfero
Coruña, A San Sadurniño I-Ferrol Centro Saúde San Sadurniño
Coruña, A Somozas, As I-Ferrol Centro Saúde As Somozas
Coruña, A Aranga II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Muniferral
Coruña, A Aranga II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde A Castellana
Coruña, A Cabana de Bergantiños II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Cesullas
Coruña, A Cabana de Bergantiños II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Consultorio Nantón
Coruña, A Coirós II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas
Coruña, A Coirós II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Figueiras-Coirós
Coruña, A Curtis II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Curtis
Coruña, A Curtis II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Teixeiro
Coruña, A Irixoa II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Irixoa
Coruña, A Laxe II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Laxe
Coruña, A Paderne II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Paderne
Coruña, A Vilarmaior II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Vilarmaior
Coruña, A Vilasantar II-Bergantiños-Mariñas Coruñesas Centro Saúde Présaras
Coruña, A Boimorto III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Boimorto
Coruña, A Boimorto III-Santiago-Meseta Interior
Coruña, A Boqueixón III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Boqueixón
Coruña, A Boqueixón III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Lestedo
Coruña, A Boqueixón III-Santiago-Meseta Interior
Coruña, A Cerceda III-Santiago-Meseta Interior
Coruña, A Frades III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Frades-Ponte Carreira
Coruña, A Frades III-Santiago-Meseta Interior Consultorio Abellá
Coruña, A Mesía III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Mesía-Visantoña
Coruña, A Mesía III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Xanceda
Coruña, A Pino, O III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde O Pino
Coruña, A Santiso III-Santiago-Meseta Interior Consultorio Arcediago
Coruña, A Santiso III-Santiago-Meseta Interior Consultorio Santiso-Visantoña
Coruña, A Sobrado III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Sobrado dos Monxes
Coruña, A Toques III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Toques
Coruña, A Tordoia III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Tordoia
Coruña, A Touro III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Touro
Coruña, A Trazo III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Viaño Pequeno
Coruña, A Trazo III-Santiago-Meseta Interior Consultorio Agro do Mestre
Coruña, A Val do Dubra III-Santiago-Meseta Interior Centro Saúde Bembibre
Coruña, A Val do Dubra III-Santiago-Meseta Interior
Coruña, A Val do Dubra III-Santiago-Meseta Interior
Coruña, A Baña, A IV-Barbanza Centro Saúde A Baña
Coruña, A Dodro IV-Barbanza Centro Saúde Dodro
Coruña, A Lousame IV-Barbanza Centro Saúde Lousame
Coruña, A Rois IV-Barbanza Centro Saúde Rois
Coruña, A Rois IV-Barbanza Consultorio Urdilde
Coruña, A Carnota V-Fisterra Centro Saúde Carnota
Coruña, A Carnota V-Fisterra Casa do Mar Lira
Coruña, A Carnota V-Fisterra Consultorio O Pindo
Coruña, A Corcubión V-Fisterra Centro Saúde Corcubión
Coruña, A Dumbría V-Fisterra Centro Saúde Dumbría
Coruña, A Dumbría V-Fisterra Consultorio Ézaro
Coruña, A Fisterra V-Fisterra Centro Saúde Fisterra
Coruña, A Fisterra V-Fisterra
Coruña, A Mazaricos V-Fisterra Centro Saúde Mazaricos
Coruña, A Muxía V-Fisterra Centro Saúde Muxía
Coruña, A Zas V-Fisterra Centro Saúde Zas
Lugo Antas de Ulla IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Antas de Ulla
Lugo Castroverde IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Castroverde
Lugo Corgo, O IX-Lugo-Sarria Centro Saúde O Corgo
Lugo Friol IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Friol
Lugo Guntín IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Guntín
Lugo Guntín IX-Lugo-Sarria Consultorio Lousada
Lugo Incio, O IX-Lugo-Sarria Centro Saúde O Incio
Lugo Incio, O IX-Lugo-Sarria
Lugo Láncara IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Láncara
Lugo Monterroso IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Monterroso
Lugo Palas de Rei IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Palas de Rei
Lugo Paradela IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Paradela
Lugo Páramo, O IX-Lugo-Sarria Centro Saúde O Páramo
Lugo Portomarín IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Portomarín
Lugo Rábade IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Rábade
Lugo Samos IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Samos
Lugo Samos IX-Lugo-Sarria
Lugo Samos IX-Lugo-Sarria
Lugo Triacastela IX-Lugo-Sarria Centro Saúde Triacastela
Lugo Alfoz VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Alfoz
Lugo Barreiros VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Barreiros
Lugo Cervo VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Cervo
Lugo Cervo VI-A Mariña Lucense Centro Saúde San Cibrao
Lugo Lourenzá VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Lourenzá
Lugo Mondoñedo VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Mondoñedo
Lugo Mondoñedo VI-A Mariña Lucense
Lugo Ourol VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Ourol
Lugo Pontenova, A VI-A Mariña Lucense Centro Saúde A Pontenova
Lugo Pontenova, A VI-A Mariña Lucense
Lugo Trabada VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Trabada
Lugo Valadouro, O VI-A Mariña Lucense Centro Saúde O Valadouro
Lugo Valadouro, O VI-A Mariña Lucense
Lugo Vicedo, O VI-A Mariña Lucense Centro Saúde O Vicedo
Lugo Xove VI-A Mariña Lucense Centro Saúde Xove
Lugo Xove VI-A Mariña Lucense
Lugo Baleira VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde Baleira
Lugo Baralla VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde Baralla
Lugo Baralla VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Becerreá VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde Becerreá
Lugo Cervantes VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde San Román
Lugo Cervantes VII-Fonsagrada-Os Ancares Consultorio Doiras
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde A Fonsagrada
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Fonsagrada, A VII-Fonsagrada-Os Ancares
Lugo Navia de Suarna VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde Navia de Suarna
Lugo Negueira de Muñiz VII-Fonsagrada-Os Ancares Consultorio Negueira de Muñiz
Lugo Nogais, As VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde As Nogais
Lugo Pedrafita do Cebreiro VII-Fonsagrada-Os Ancares Centro Saúde Pedrafita do Cebreiro
Lugo Bóveda VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Bóveda
Lugo Bóveda VIII-Terra de Lemos Consultorio Rubián
Lugo Carballedo VIII-Terra de Lemos Centro Saúde A Barrela
Lugo Folgoso do Courel VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Folgoso do Courel
Lugo Folgoso do Courel VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Seoane do Courel
Lugo Pantón VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Pantón
Lugo Pobra do Brollón, A VIII-Terra de Lemos Centro Saúde A Pobra do Brollón
Lugo Quiroga VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Quiroga
Lugo Ribas de Sil VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Ribas de Sil
Lugo Saviñao, O VIII-Terra de Lemos Centro Saúde O Saviñao
Lugo Saviñao, O VIII-Terra de Lemos Consultorio Currelos
Lugo Saviñao, O VIII-Terra de Lemos
Lugo Sober VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Sober
Lugo Taboada VIII-Terra de Lemos Centro Saúde Taboada
Lugo Taboada VIII-Terra de Lemos
Lugo Abadín X-Terra Chá Centro Saúde Abadín
Lugo Begonte X-Terra Chá Centro Saúde Begonte
Lugo Begonte X-Terra Chá Consultorio Baamonde
Lugo Cospeito X-Terra Chá Centro Saúde Cospeito
Lugo Cospeito X-Terra Chá Consultorio Muimenta
Lugo Meira X-Terra Chá Centro Saúde Meira
Lugo Muras X-Terra Chá Centro Saúde Muras
Lugo Pastoriza, A X-Terra Chá Centro Saúde A Pastoriza
Lugo Pastoriza, A X-Terra Chá Consultorio Bretoña
Lugo Pol X-Terra Chá Centro Saúde Pol
Lugo Ribeira de Piquín X-Terra Chá Centro Saúde Ribeira de Piquín
Lugo Riotorto X-Terra Chá Centro Saúde Riotorto
Lugo Riotorto X-Terra Chá
Lugo Xermade X-Terra Chá Centro Saúde Xermade
Ourense Bolo, O XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde O Bolo
Ourense Carballeda de Valdeorras XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Carballeda de Valdeorras
Ourense Carballeda de Valdeorras XIII-Valdeorras-Trives Consultorio Escola de Casaio
Ourense Castro Caldelas XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Castro Caldelas
Ourense Chandrexa de Queixa XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Chandrexa de Queixa
Ourense Larouco XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Larouco
Ourense Manzaneda XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Manzaneda
Ourense Montederramo XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Montederramo
Ourense Parada de Sil XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Parada do Sil
Ourense Petín XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Petín
Ourense Pobra de Trives, A XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde A Pobra de Trives
Ourense Rúa, A XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde A Rúa
Ourense Rúa, A XIII-Valdeorras-Trives
Ourense Rubiá XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Rubiá
Ourense San Xoán de Río XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde San Xoán de Río
Ourense Teixeira, A XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde A Teixeira
Ourense Veiga, A XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde A Veiga
Ourense Vilamartín de Valdeorras XIII-Valdeorras-Trives Centro Saúde Vilamartín Valo
Ourense Vilamartín de Valdeorras XIII-Valdeorras-Trives
Ourense Amoeiro XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Amoeiro
Ourense Amoeiro XII-Miño-Arnoia
Ourense Amoeiro XII-Miño-Arnoia
Ourense Amoeiro XII-Miño-Arnoia
Ourense Baños de Molgas XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Baños de Molgas
Ourense Bola, A XII-Miño-Arnoia Centro Saúde A Bola
Ourense Cartelle XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Cartelle
Ourense Cartelle XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Outumuro
Ourense Cartelle XII-Miño-Arnoia
Ourense Cartelle XII-Miño-Arnoia
Ourense Coles XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Coles
Ourense Coles XII-Miño-Arnoia
Ourense Coles XII-Miño-Arnoia
Ourense Coles XII-Miño-Arnoia
Ourense Esgos XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Esgos
Ourense Gomesende XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Gomesende
Ourense Gomesende XII-Miño-Arnoia
Ourense Maceda XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Maceda
Ourense Merca, A XII-Miño-Arnoia Centro Saúde A Merca
Ourense Merca, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Merca, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Merca, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Nogueira de Ramuín XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Nogueira Ramuín
Ourense Nogueira de Ramuín XII-Miño-Arnoia
Ourense Paderne de Allariz XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Paderne Allariz
Ourense Paderne de Allariz XII-Miño-Arnoia
Ourense Padrenda XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Padrenda-Crespos
Ourense Padrenda XII-Miño-Arnoia Cosultorio A Notaría
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Os Peares
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia Centro Saúde A Peroxa
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Peroxa, A XII-Miño-Arnoia
Ourense Pontedeva XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Pontedeva
Ourense Quintela de Leirado XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Quintela Leirado
Ourense Ramirás XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Ramirás
Ourense Taboadela XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Taboadela
Ourense Toén XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Toén
Ourense Verea XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Verea
Ourense Vilamarín XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Vilamarín
Ourense Xunqueira de Ambía XII-Miño-Arnoia Centro Saúde Xunqueira de Ambía
Ourense Xunqueira de Espadanedo XII-Miño-Arnoia Centro Saúde X. de Espadanedo
Ourense Arnoia, A XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Arnoia
Ourense Avión XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Avión
Ourense Avión XI-O Ribeiro-Arenteiro
Ourense Beade XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Beade
Ourense Beariz XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Beariz
Ourense Beariz XI-O Ribeiro-Arenteiro
Ourense Boborás XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Boborás
Ourense Carballeda de Avia XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Carballeda Avia
Ourense Carballeda de Avia XI-O Ribeiro-Arenteiro
Ourense Castrelo de Miño XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Castelo de Miño-Barral
Ourense Castrelo de Miño XI-O Ribeiro-Arenteiro Consultorio Macendo
Ourense Castrelo de Miño XI-O Ribeiro-Arenteiro Consultorio Prado de Miño
Ourense Cenlle XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Cenlle
Ourense Cenlle XI-O Ribeiro-Arenteiro Consultorio Barbantes
Ourense Cortegada XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Cortegada
Ourense Irixo, O XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde O Irixo
Ourense Leiro XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Leiro
Ourense Maside XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Maside
Ourense Maside XI-O Ribeiro-Arenteiro Consultorio Dacón
Ourense Maside XI-O Ribeiro-Arenteiro
Ourense Melón XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Quins
Ourense Melón XI-O Ribeiro-Arenteiro Consultorio Melón
Ourense Piñor XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Piñor
Ourense Punxín XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde Punxín
Ourense San Amaro XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde San Amaro
Ourense San Amaro XI-O Ribeiro-Arenteiro
Ourense San Cristovo de Cea XI-O Ribeiro-Arenteiro Centro Saúde San Cristovo Cea
Ourense Castrelo do Val XIV-Verín-Viana Centro Saúde Castrelo do Val
Ourense Cualedro XIV-Verín-Viana Centro Saúde Cualedro
Ourense Gudiña, A XIV-Verín-Viana Centro Saúde A Gudiña
Ourense Laza XIV-Verín-Viana Centro Saúde Laza
Ourense Mezquita, A XIV-Verín-Viana Centro Saúde A Mezquita
Ourense Monterrei XIV-Verín-Viana Centro Saúde Vilaza-Monterrei
Ourense Monterrei XIV-Verín-Viana Consultorio Albarellos
Ourense Monterrei XIV-Verín-Viana
Ourense Riós XIV-Verín-Viana Centro Saúde Riós
Ourense Viana do Bolo XIV-Verín-Viana Centro Saúde Viana do Bolo
Ourense Viana do Bolo XIV-Verín-Viana
Ourense Viana do Bolo XIV-Verín-Viana
Ourense Viana do Bolo XIV-Verín-Viana
Ourense Viana do Bolo XIV-Verín-Viana
Ourense Vilardevós XIV-Verín-Viana Centro Saúde Vilardevós
Ourense Vilariño de Conso XIV-Verín-Viana Centro Saúde Vilariño de Conso
Ourense Baltar XV-A Limia Centro Saúde Baltar
Ourense Bande XV-A Limia Centro Saúde Bande
Ourense Blancos, Os XV-A Limia Centro Saúde Os Blancos
Ourense Calvos de Randín XV-A Limia Centro Saúde Calvos de Randín
Ourense Entrimo XV-A Limia Centro Saúde Entrimo
Ourense Entrimo XV-A Limia
Ourense Entrimo XV-A Limia
Ourense Lobeira XV-A Limia Centro Saúde Lobeira
Ourense Lobios XV-A Limia Centro Saúde Lobios
Ourense Muíños XV-A Limia Centro Saúde Muíños
Ourense Porqueira XV-A Limia Centro Saúde Porqueira
Ourense Rairiz de Veiga XV-A Limia Centro Saúde Rairiz de Veiga
Ourense Sandiás XV-A Limia Centro Saúde Sandiás
Ourense Sarreaus XV-A Limia Centro Saúde Sarreaus
Ourense Sarreaus XV-A Limia
Ourense Trasmirás XV-A Limia Centro Saúde Trasmiras
Ourense Vilar de Barrio XV-A Limia Centro Saúde Vilar de Barrio
Ourense Vilar de Santos XV-A Limia Centro Saúde Vilar de Santos
Pontevedra Barro XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Barro
Pontevedra Campo Lameiro XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Campo Lameiro
Pontevedra Catoira XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Catoira
Pontevedra Cuntis XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Cuntis
Pontevedra Illa de Arousa, A XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde A Illa de Arousa
Pontevedra Lama, A XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde A Lama
Pontevedra Meis XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde San Martiño
Pontevedra Meis XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Mosteiro
Pontevedra Meis XIX-Caldas-O Salnés Consultorio Paradela
Pontevedra Moraña XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Moraña
Pontevedra Pontecesures XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Pontecesures
Pontevedra Portas XIX-Caldas-O Salnés Centro Saúde Portas
Pontevedra Agolada XVI-Deza-Tabeirós Centro Saúde Agolada
Pontevedra Dozón XVI-Deza-Tabeirós Centro Saúde Dozón
Pontevedra Forcarei XVI-Deza-Tabeirós Centro Saúde Forcarei
Pontevedra Forcarei XVI-Deza-Tabeirós Centro Saúde Soutelo de Montes
Pontevedra Forcarei XVI-Deza-Tabeirós
Pontevedra Rodeiro XVI-Deza-Tabeirós Centro Saúde Rodeiro
Pontevedra Fornelos de Montes XVIII-Vigo-Baixo Miño Centro Saúde Fornelos
Pontevedra Oia XVIII-Vigo-Baixo Miño Centro Saúde Oia
Pontevedra Pazos de Borbén XVIII-Vigo-Baixo Miño Centro Saúde Pazos Borbén
Pontevedra Arbo XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde Arbo
Pontevedra Covelo XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde O Covelo
Pontevedra Covelo XVII-O Condado-A Paradanta Consultorio Maceira
Pontevedra Crecente XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde Crecente
Pontevedra Crecente XVII-O Condado-A Paradanta Consultorio Filgueira
Pontevedra Mondariz XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde Mondariz
Pontevedra Mondariz-Balneario XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde Mondariz-Balneario
Pontevedra Neves, As XVII-O Condado-A Paradanta Centro Saúde As Neves»
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2020
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.