Medio Ambiente y Vivienda GALICIA

, ,

ORDE do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma.


Ante a situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o Goberno de España declarou, mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional. Esta situación prorrogouse mediante o Real decreto 476/2020, do 27 de marzo, por quince días máis, polo Real decreto 487/2020, do 10 de abril, ata o 26 de abril de 2020, e polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril, ata o 10 de maio de 2020, nas mesmas condicións previstas no real decreto inicial.
A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión de prazos administrativos, sinalando a suspensión de termos e prazos para a tramitación dos expedientes de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situación estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.
Ademais, o día 9 de abril de 2020 finalizou a vixencia do Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19. Este real decreto lei supoñía unha restrición aínda maior á xa existente tras a declaración do estado de alarma, pois obrigaba a paralizar determinadas actividades non declaradas esenciais, pero de grande importancia para a reactivación da economía.
Tras a perda de vixencia do devandito real decreto lei, moitas destas actividades puideron restablecerse, polo que o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), mediante diversos
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18953
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
acordos adoptados o 14 de abril de 2020, publicados no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2020, mediante a Resolución do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, considerou que debe ser un obxectivo de todas as administracións públicas planificar, sempre dando prioridade á seguridade e a saúde da poboación, os pasos necesarios para lles facilitar ás empresas o restablecemento da súa actividade.
Moitas actividades produtivas precisan, para o seu inicio ou continuidade, a tramitación de diversos expedientes administrativos cuxo fin é a obtención de permisos, autorizacións ou licenzas. Estes procedementos encóntranse, en principio, suspendidos durante o estado de alarma. Porén, o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, como quedou dito, permite a adopción de acordos motivados de continuación dos procedementos administrativos en determinados casos. En particular, o número catro da disposición adicional permite a continuación dos procedementos que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos. E, nesa mesma liña, o Cecop acordou a proposta para que as administracións públicas reactiven a tramitación de expedientes administrativos, emisión de informes e concesión de permisos e licenzas, como medio necesario para a reactivación progresiva da actividade económica, facilitando proactivamente a recuperación económica co fin de mitigar o impacto social e económico da crise sanitaria e, polo tanto, de distorsionar o mínimo posible a economía.
Ao mesmo tempo, o Consello da Xunta, nas súas reunións do 3 de abril, 8 de abril e 7 de abril, foi adoptando diversos acordos para posibilitar a continuación da tramitación dos expedientes de contratación (obras, servizos e subministracións), así como dos convenios e das subvencións que a Xunta de Galicia foi considerando que se poderían iniciar ou continuar a súa tramitación ben por estaren referidos aos feitos xustificativos do estado de alarma, ben por seren indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.
Consonte o previsto no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, correspóndelles aos conselleiros o exercicio da potestade regulamentaria nas materias da súa competencia, así como exercer a dirección e inspección de todos os servizos da consellería e dos seus entes adscritos.
No Decreto 42/2019, do 28 de marzo, establécese a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e outórganselle á dita consellería as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda.
No eido das ditas competencias e segundo o anteriormente indicado, cómpre que a persoa titular da consellería deixe sen efecto a suspensión dos prazos administrativos dos
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18954
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
procedementos administrativos nos casos sinalados no devandito real decreto, decidindo así motivadamente sobre a continuación ou inicio dos procedementos administrativos referidos aos feitos xustificativos do estado de alarma e daqueles que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, supostos todos eles en que non será necesario obter a conformidade das persoas interesadas.
Ao mesmo tempo, non pode esquecerse a previsión contida no número 1 da disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, relativa ao cómputo dos prazos para interpor recursos en vía administrativa ou para instar calquera outros procedementos de impugnación, reclamación, conciliación, mediación ou arbitraxe que os substitúan, ou aqueles dos que poidan derivar efectos desfavorables ou de gravame para o interesado que, en calquera caso, se computarán desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo impugnado.
En todo caso, de conformidade co previsto na disposición adicional cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, os prazos de prescrición e caducidade de calquera accións e dereitos quedarán suspendidos durante o prazo da vixencia do estado de alarma e, de ser o caso, das prórrogas que se adopten.
Feita esta apreciación, cómpre determinar, no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, aqueles procedementos cuxa tramitación se deba iniciar ou continuar por concorreren as circunstancias previstas no número 4 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.
Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e a disposición derradeira terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, e atraendo, consonte o artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e para a adopción do presente acto, as competencias asignadas polo Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e vistas as propostas formuladas polos correspondentes centros directivos,
RESOLVO:
Primeiro. Autorizar o inicio e/ou continuación, mentres estea vixente o estado de alarma, dos seguintes procedementos administrativos no ámbito da Consellería de Medio Am
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18955
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
biente, Territorio e Vivenda que constan no anexo, segundo os motivos que se xustifican. Durante a vixencia do estado de alarma, a relación de procedementos contida no anexo poderá ser modificada ou ampliada de forma motivada mediante orde.
Segundo. Nos actos administrativos que se diten nos procedementos citados deberase facer mención expresa a esta orde, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia e notificarse aos interesados no procedemento.
Terceiro. De conformidade coa disposición adicional oitava da Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recursos en vía administrativa ou para instar calquera outro procedemento de impugnación, reclamación, conciliación, mediación e arbitraxe que os substitúa, de acordo co previsto nas leis, computarase desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto de recurso, polo que no pé de recurso dos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxa continuación ou inicio se permite en virtude da presente orde, dos cales puideren derivar efectos desfavorables ou de gravame para as persoas interesadas, se fará constar a devandita circunstancia.
Cuarto. A presente orde producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro recurso que se poida interpoñer.
De conformidade co previsto na disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recurso de reposición computarase desde o día hábil seguinte á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto de recurso.
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18956
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
Sen prexuízo do anterior, en virtude da disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo para a presentación do recurso contencioso-administrativo atópase suspendido e restablecerase unha vez que finalice a vixencia do citado real decreto ou, de ser o caso, as súas prórrogas.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020
Ángeles Vázquez Mejuto Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO Relación de procedementos administrativos cuxo inicio e/ou continuación se autoriza de forma motivada no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
1. No ámbito da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:
a) En materia de avaliación ambiental:
1. Procedementos relativos ao outorgamento, modificación e/ou revisión de autorizacións ambientais integradas.
2. Procedementos de avaliación ambiental de proxectos, plans e programas e procedementos de incidencia ambiental.
b) En materia de protección da atmosfera:
Procedementos de autorización e notificación de construción, montaxe, explotación, traslado ou modificación substancial de instalacións en que se desenvolvan actividades contaminadoras da atmosfera (Lei 34/2007, do 15 de novembro).
c) En materia de cambio climático:
Procedementos de autorización e verificación en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (Lei 1/2005, do 9 de marzo). MT404C.
d) En materia de residuos:
1. Produción de residuos perigosos MT986J.
2. Pequena produción de residuos perigosos MT986H.
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18957
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
3. Produción de residuos non perigosos MT986I.
4. Produción de lodos destinados a uso agrario MT985A.
5. Transporte profesional de residuos perigosos MT986G.
6. Transporte profesional de residuos non perigosos MT986F.
7. Valorización de residuos/Almacenamento de residuos/Eliminación de residuos MT975B.
8. Valorización de lodos en el ámbito del sector agrario MT975B/MT985B/MT985C.
9. Planta móbil para a xestión de residuos MT975G.
10. Negociante de residuos perigosos MT986C.
11. Negociante de residuos non perigosos MT986A.
12. Axente de residuos perigosos MT986E.
13. Axente de residuos non perigosos MT986D.
14. Transmisión de autorización MT975F.
15. Modificación da comunicación MT986B.
16. Modificación da autorización MT975H.
e) No ámbito de todas as materias anteriores, os recursos administrativos interpostos contra todo tipo de actos dos sinalados.
Xustificación: en materia de calidade ambiental e cambio climático é imprescindible que a tramitación de todos os procedementos sinalados non se vexa afectada pola declaración do estado de alarma na medida en que a paralización destes procedementos prexudicaría o desenvolvemento do tecido industrial de Galicia e a protección do ambiente, co obxecto de preservar os recursos naturais e evitar calquera impacto ambiental ou sobre a saúde das persoas; polo tanto, están vinculadas á protección do interese xeral.
A actividade de xestión de residuos foi declarada como actividade esencial na declaración do estado de alarma. Ademais, varias actividades industriais, tamén declaradas
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18958
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
esenciais, seguiron producindo residuos que debían seguir xestionándose, para evitar o consecuente impacto ambiental ou sobre a saúde das persoas, todo isto protexendo a seguridade dos traballadores e traballadoras.
2. No ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
a) Nomeamento/renovación veterinario actuante do REGIAC.
b) Inscrición REGIAC.
c) Devolución de taxas en materia de pesca fluvial MT807K.
d) Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza MT720G.
e) Autorización para realizar batidas ou montarías por danos ocasionados polas especies cinexéticas MT720K.
f) Autorización para realizar esperas e axexos por danos ocasionados polas especies cinexéticas MT720L.
g) Autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural MT720M.
h) Aprobación do Plan anual de aproveitamento cinexético MT720A.
i) Aprobación da renovación do Plan de ordenación cinexético MT720B.
j) Excepción ás normas de protección de especies catalogadas MT813B.
k) Excepción ás normas xerais de protección de especies silvestres PR004A.
l) Os recursos administrativos interpostos contra todo tipo de actos dos sinalados nas letras anteriores.
Xustificación: os procedementos que están vinculados coa actividade dos profesionais veterinarios nomeados pola dirección xeral como colaboradores para a identificación e xestión do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía, por estaren vinculados a servizos veterinarios teñen a condición de servizos esenciais e é necesario o levantamento da suspensión destes procedementos para garantir o normal funcionamento dos servizos prestados por estes profesionais.
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18959
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
Por outro lado, o exercicio da pesca fluvial está suspendido temporalmente en Galicia desde que se decretou o estado de alarma, polo que cómpre habilitar a posibilidade de que todos aqueles usuarios que así o desexen poidan tramitar canto antes a devolución dos importes aboados previamente ao inicio da tempada, sen ter que agardar a supresión do estado de alarma.
Por outra banda, dado que o sector agrícola e gandeiro debe manter a súa actividade durante o estado de alarma ao terse determinado o seu carácter de actividade esencial, resulta necesario levantar a suspensión de todos os procedementos vinculados coas medidas de control dos danos ocasionados polas especies cinexéticas e da planificación desta actividade, para salvagardar dun xeito eficaz a continuidade das ditas actividades produtivas, así como o benestar dos animais nas granxas de orixe e non comprometer as medidas de xestión dos terreos cinexéticos e a planificación e xestión dos terreos de caza de cara á vindeira tempada de caza.
Así mesmo, resulta necesario levantar a suspensión dos procedementos vinculados coas autorizacións de excepción ás normas de protección de especies de flora e fauna silvestres, co fin de garantir a continuidade de proxectos de investigación e/ou o desenvolvemento de contratos declarados como esenciais, que precisan da realización de traballos de campo nun marco temporal coherente coa propia fenoloxía destas especies.
3. No ámbito da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo:
a) Procedementos de tramitación dos instrumentos de planeamento urbanístico:
1. Informe sobre os instrumentos de planeamento MT101A.
2. Resolución dos instrumentos de planeamento MT101D.
3. Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento MT101E.
4. Aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento MT117A.
b) Inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia:
1. Inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico MT500A.
2. Modificación de datos do Rexistro de Planeamento Urbanístico MT500B.
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18960
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
3. Certificación de datos do Rexistro de Planeamento Urbanístico MT500C.
c) Autorizacións e declaracións responsables:
1. Solicitude de autorización en servidume de protección do dominio público marítimoterrestre MT701A.
2. Declaración responsable para a realización de obras en servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre MT701B.
3. Autorización autonómica de usos en solo rústico, previa á obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística MT105B.
d) Outros procedementos:
1. Actos de ordenación e instrución relativos aos procedementos de tramitación dos instrumentos de ordenación do territorio, previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos de incidencia supramunicipal.
2. Actos de ordenación e instrución relativos ao procedemento regulado na Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese.
3. Actos de ordenación e instrución relativos á emisión de informes sectoriais que resulten exixidos pola diferente normativa sectorial e que teña que emitir a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
4. Actos de ordenación e instrución relativos ao asesoramento e á emisión de informes, ás consultas urbanísticas e, en xeral, sobre a aplicación e interpretación da normativa urbanística.
Xustificación: no caso dos procedementos relativos á tramitación dos instrumentos de planeamento urbanístico, incluídos os requirimentos de integridade documental, así como os requirimentos de anulación dos actos e acordos das corporacións locais segundo o previsto na lexislación de réxime local, e a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, así como a tramitación dos instrumentos de ordenación do territorio, concorren as razóns xustificativas requiridas para poder acordar a continuación dos ditos procedementos, por canto son razóns de interese xeral as que presiden, en todo caso, a
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18961
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
actuación das administracións públicas na formulación dos instrumentos sinalados. Ademais desa consideración xenérica dos instrumentos de planeamento territorial e urbanístico como instrumentos fundamentais para a consecución e protección do interese xeral, constitúen presuposto necesario para o outorgamento de licenzas e permisos para contribuír a facilitar a reactivación progresiva da actividade económica na nosa Comunidade Autónoma.
O mesmo resulta predicable dos proxectos públicos que se tramitan ao abeiro da Lei 3/2016, do 1 de marzo, nos cales concorren razóns apreciadas de urxencia ou de interese público para a Comunidade Autónoma, por estaren vinculados a materias da súa competencia, o que constitúe o fundamento da tramitación dos citados proxectos: a actuación das administracións públicas que, no uso das súas competencias, debe velar en todo momento pola salvagarda e a satisfacción dos intereses xerais non pode descoñecer a existencia de proxectos de especial urxencia ou de excepcional interese público que deben ser impulsados co fin de lograr os beneficios sociais e económicos para a nosa Comunidade Autónoma que lle son propios.
Por outra banda, a tramitación dos procedementos relativos ao outorgamento das autorizacións autonómicas, tanto no ámbito do solo rústico (vivendas vinculadas a explotacións agropecuarias e primeira transformación de produtos do sector primario), como na servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre (obras e actividades), así como a tramitación das declaracións responsables (obras en servidume de protección), deben ter esa mesma consideración; tanto no suposto daqueles expedientes promovidos polas administracións públicas, en canto exercen as súas competencias na prestación dos servizos públicos, pero tamén, no suposto dos expedientes promovidos polos particulares, que teñen como finalidade a execución de obras que tamén poderán contribuír á reactivación económica e que en ningún modo deben verse prexudicados por unha paralización administrativa, pois o que precisamente debe garantir a Administración é a prestación efectiva dos servizos públicos cando conta cos medios axeitados. Porén, entendemos que non procedería neste caso solicitar a súa conformidade para continuar o procedemento, unha vez acordado expresamente o levantamento da suspensión, para evitar deste xeito dilacións indebidas na tramitación dos citados procedementos.
4. No ámbito do Instituto Galego da Vivenda e Solo:
a) Procedementos de tramitación e aprobación dos proxectos sectoriais ou das modificacións dos proxectos sectoriais previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos de incidencia supramunicipal que teñan por obxecto o desenvolvemento
CVE-DOG: qkiusti0-28m3-0zx4-utf3-lwlbm72rke50
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18962
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
de solo destinado a actividades empresariais e cuxo impulso e tramitación corresponda a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
b) Procedementos de tramitación e aprobación dos proxectos de urbanización que se tramiten en desenvolvemento de proxectos sectoriais, cuxa aprobación corresponda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, en función do establecido no artigo 11 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
c) Procedementos de tramitación e aprobación dos proxectos de parcelamento que se tramiten en desenvolvemento de proxectos sectoriais, cuxa aprobación corresponda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo en función do establecido no artigo 10 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Xustificación: no caso dos procedementos relativos á tramitación dos instrumentos de ordenación do territorio indicados, e dos proxectos de urbanización e parcelamento redactados para o seu desenvolvemento, concorren as razóns xustificativas requiridas para poder acordar a continuación dos ditos procedementos, por canto son razóns de interese xeral as que presiden, en todo caso, a actuación das administracións públicas na formulación dos instrumentos sinalados. Ademais desa consideración xenérica dos instrumentos de planeamento territorial e urbanístico como instrumentos fundamentais para a consecución e protección do interese xeral, constitúen presuposto necesario para o outorgamento de licenzas e permisos para contribuír a facilitar a reactivación progresiva da actividade económica na nosa Comunidade Autónoma

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.