Diversas normas tributarias GALICIA
ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias.
Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompañan, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente TÍTULO publicado y a su disposición:
A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
Con posterioridade, con base na habilitación establecida na disposición adicional sexta da citada orde, os seus anexos foron obxecto de modificación mediante as resolucións do 25 de xaneiro, do 4 de marzo e do 14 de maio de 2021, para adaptalos ao previsto na Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, na Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Por outra banda, a Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
Os anexos desta orde foron actualizados, con base na habilitación establecida na súa disposición adicional sexta, mediante as resolucións do 14 de maio e do 6 de agosto de 2021, para adaptalos ao previsto na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e á Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) nº 2016/1164 do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo.
A devandita lei modifica, entre outras materias, tanto no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados como no imposto sobre sucesións e doazóns, a base impoñible do imposto, substituíndo o valor real por valor, concepto que se equipara ao valor de mercado.
A modificación da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, e a modificación da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, radica na necesidade de adaptalas ao previsto na Lei 11/2011, do 9 de xullo, antes citada, así como na necesidade de concretar o contido do recibo que a aplicación informática xera no caso de pagamento mediante terminal punto de venda (TPV). Esta última razón motiva tamén a modificación deste aspecto nas ordes que regulan a aplicación dos diferentes impostos propios e as taxas fiscais sobre o xogo.
En canto á estrutura da orde, esta consta de dez artigos e unha disposición derradeira relativa á entrada en vigor da disposición. No articulado modifícanse as seguintes normas:
- a) Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
- b) Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
- c) Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regulan a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos.
- d) Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.
- e) Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico.
- f) Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
- g) Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regulan a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.
- h) Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica.
- i) Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias.
- j) Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro.
A presente orde axústase así aos principios de boa regulación contidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico de Galicia, ao responder as medidas previstas nela á satisfacción de necesidades de interese xeral coa debida proporcionalidade, eficacia e eficiencia, ao recollerse na norma os obxectivos perseguidos a través dela e da súa xustificación, como exixe o principio de transparencia, e ao introducirse a través dela, conforme o principio de seguridade xurídica, as modificacións precisas nas disposicións vixentes.
Así, en virtude do exposto, de acordo coa competencia establecida no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e do artigo 7 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e de acordo co Consello Consultivo de Galicia,
ACORDO:
Artigo primeiro. Modificación da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria
A Orde do 9 de decembro de 2020, pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, queda modificada da seguinte maneira:
Un. O artigo 4.2 queda redactado como segue:
«2. En todas as autoliquidacións deben cubrirse con carácter obrigatorio as casas de valor declarado, nas cales se deberá consignar o valor do ben transmitido ou do dereito que se constitúa ou ceda».
Dous. O artigo 7.2 queda redactado como segue:
«2. En todas as autoliquidacións que se presenten deberá cubrirse con carácter obrigatorio a casa de valor declarado, na cal deberá consignarse o valor do ben transmitido».
Tres. O artigo 10 queda redactado do seguinte xeito:
«Artigo 10. Documentación xeral
Os obrigados tributarios deben presentar, xunto coa correspondente autoliquidación do modelo 600, o documento en que se conteña ou constate o feito impoñible suxeito a gravame. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia auténtica do documento, agás cando se trate de documentos notariais e o imposto se presente de forma electrónica, en que se observará o disposto no artigo 18.2.b) desta orde. Se se trata de documentos privados, presentarase o orixinal destes.
Se o acto ou contrato non está incorporado no documento, presentarase unha declaración escrita substitutiva, estendida en papel común, na cal se farán constar os datos identificativos do transmitente e adquirente e unha relación detallada dos bens e dereitos adquiridos, con expresión do valor que se atribúe a cada un deles.
No caso de que no documento sinalado no parágrafo primeiro non se conteñan todos os datos mencionados no parágrafo anterior, presentarase acompañado dunha relación na cal figuren os omitidos».
Catro. O artigo 14 queda redactado da seguinte maneira:
«Artigo 14. Documentación xeral
No caso de que a presentación da autoliquidación se realice de forma presencial, os obrigados tributarios deben achegar, xunto coa correspondente autoliquidación, o documento en que se conteña ou constate o feito impoñible suxeito a gravame. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia auténtica do documento, agás cando se trate de documentos notariais e o imposto se presente de forma electrónica, en que se observará o disposto no artigo 18.2.b) desta orde. Se se trata de documentos privados, deberase presentar o orixinal destes.
Se o acto ou contrato non está incorporado no documento, presentarase unha declaración escrita substitutiva, estendida en papel común, na cal se farán constar os datos identificativos do transmitente e adquirente, a identificación e descrición do vehículo, embarcación ou aeronave usado transmitido, con expresión do valor que se lle atribúe.
No caso de que no documento sinalado no parágrafo primeiro non se conteñan todos os datos mencionados no parágrafo anterior, presentarase acompañado dunha relación na cal figuren os omitidos».
Cinco. O artigo 19.3.b) queda redactado como segue:
«3.b) De forma electrónica, as persoas usuarias accederán ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuarán o pagamento da correspondente autoliquidación a través das entidades de crédito colaboradoras para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual da entidade de crédito adxudicataria do contrato en virtude do cal se preste o devandito servizo. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC para completar a presentación electrónica da autoliquidación.
Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo que o contribuínte deberá conservar, en que se identificará, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, así como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta, ademais, identificarase o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso neste».
Seis. Os números 1 e 3 do artigo 20 quedan redactados como segue:
«1. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento do modo establecido no artigo 19.2 desta orde e este se efectúe nunha entidade colaboradora, esta quedará co seu exemplar e devolverá ao contribuínte o resto de exemplares co selo da entidade, a data do ingreso e o importe ingresado. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel.
No caso de que estea dispoñible o pagamento mediante terminal punto de venda (TPV) físico, xerarase o recibo que o contribuínte deberá conservar, en que se identificarán o importe e a data do ingreso, así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso nel».
«3. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento na forma establecida no artigo 19.3.b) desta orde, unha vez realizado este, a aplicación informática xerará o correspondente recibo que o contribuínte deberá conservar, en que se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, así como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo na conta identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso nel».
Artigo segundo. Modificación da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria
A Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, queda modificada da seguinte maneira:
Un. O artigo 4.3 queda redactado como segue:
«3. Este modelo comprende a relación de bens e dereitos que integran a masa hereditaria con expresión do valor que se atribúe a cada un deles, así como das cargas, débedas e gastos cuxa dedución se solicite, contratos de seguros sobre a vida acumulables e da solicitude de reducións non aplicables de oficio. Inclúe un anexo para a relación de suxeitos pasivos na sucesión ou o seguro».
Dous. O artigo 17.3.b) queda redactado da seguinte maneira:
«3.b) De forma electrónica, as persoas usuarias accederán ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuarán o pagamento da correspondente autoliquidación a través das entidades de crédito colaboradoras para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual da entidade de crédito adxudicataria do contrato en virtude do cal se preste o devandito servizo. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC para completar a presentación electrónica da autoliquidación.
Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo que o contribuínte deberá conservar, no que se identificará, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, así como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso nel».
Tres. Os números 1 e 3 do artigo 18 quedan redactados como segue:
«1. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento do modo establecido no artigo 17.2, a entidade colaboradora quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao contribuínte o resto de exemplares co selo da entidade, a data do ingreso e o importe ingresado. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel.
No caso de que estea dispoñible o pagamento mediante terminal punto de venda (TPV) físico, xerarase o recibo que o contribuínte deberá conservar, no cal se identificarán o importe e a data de ingreso, así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso nel».
«3. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento na forma establecida no artigo 17.3.b), unha vez realizado este, a aplicación informática xerará o recibo de cargo na conta que o contribuínte deberá conservar, en que se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, así como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación impreso nel.».
Artigo terceiro. Modificación da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regulan a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
O número 2 do artigo 5 da Orde do 27 de febreiro de 2009, pola que se regulan a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, queda redactado da seguinte maneira:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo cuarto. Modificación da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada
O número 2 do artigo 10 da Orde do 25 de marzo de 2011, pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, queda redactado como segue:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo quinto. Modificación da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico
O número 2 do artigo 17 da Orde do 27 de xaneiro de 2014, pola que se se aproban as normas de aplicación do canon eólico, queda redactado como segue:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo sexto. Modificación da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo
O número 2 do artigo 22 da Orde do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, queda redactado da seguinte maneira:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo sétimo. Modificación da Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regulan a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo
O número 2 do artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2014, pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, queda redactado como segue:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da carta de pagamento impreso neste.».
Artigo oitavo. Modificación da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica
O número 2 do artigo 21 da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica, queda redactado como segue:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo noveno. Modificación da Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias
O número 2 do artigo 12 da Orde do 20 de outubro de 2015, pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias, queda redactado como segue:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Artigo décimo. Modificación da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro
O número 2 do artigo 17 da Orde do 18 de decembro de 2017, pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro, queda redactado da seguinte maneira:
«2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.».
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
A presente orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública