Venta directa GALICIA

ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.


A Orde do 23 de marzo pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias, ditouse co fin de garantir a aplicación das medidas previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, e demais normativa ditada para contribuír á loita contra a pandemia e, moi particularmente, cortando a cadea de contaxios do virus, evitando as concentracións de persoas e os desprazamentos pola vía pública.
A Comunidade Autónoma de Galicia xa acordara a declaración da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activara o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG núm. 50 bis, do 13 de marzo), e no punto cuarto do acordo determinou que para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptar medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme o que se dispoña se así o aconsellan as necesidades da emerxencia e dos bens que hai que protexer.
En desenvolvemento desas disposicións, e de conformidade co Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, procedeuse, a través da devandita Orde do 23 de marzo a establecer normas complementarias no ámbito da venda directa de produtos frescos, da venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais, así como sobre o
CVE-DOG: yasnx157-run2-azt8-ir04-ptkgfbzghzu2
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19070
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
desenvolvemento da actividade agrícola polas persoas que se dedican a esta actividade do sector primario.
Con posterioridade, a Orde do 27 de abril ditada en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 25 de abril, modificou a Orde do 23 de marzo, en atención ás circunstancias do avance temporal do estado de alarma e á propia evolución positiva da emerxencia sanitaria, que permitiu flexibilizar as iniciais limitacións de desprazamentos para atender cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, sen fins comerciais, que tiña ademais presente a dispersión xeográfica existente en Galicia.
Con data do 1 de maio, o Boletín Oficial del Estado publica a Orde do Ministerio de Sanidade SND/381/2020, do 30 de abril, pola que se permite a realización de actividades non profesionais de coidado e recolección de producións agrícolas.
Co fin de coordinar a normativa ditada na Comunidade Autónoma de Galicia coas disposicións ditadas pola autoridade competente delegada segundo o previsto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, cómpre adaptar a Orde do 23 de marzo no relativo ao desenvolvemento da actividade agrícola non profesional á Orde SND/381/2020, do 30 de abril, do Ministerio de Sanidade.
Polo exposto, no marco das competencias exclusivas que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación, fomento e mellora da produción agrogandeira, a protección e control da sanidade animal e vexetal, a defensa da produción nos cultivos vexetais agrícolas e os seus produtos, e dos procedementos relacionados coa seguridade alimentaria das producións primarias agrícolas e gandeiras, segundo o previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e de conformidade co establecido no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e demais disposicións do corpo normativo ditado en sede do estado de alarma decretado por razón da emerxencia sanitaria COVID-19 actualmente existente,
ACORDO:
Artigo único. Modificación da Orde do 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos merca
CVE-DOG: yasnx157-run2-azt8-ir04-ptkgfbzghzu2
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19071
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
dos, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias
Modifícase o artigo 4, que queda redactado como segue:
Artigo 4. Realización de actividades agrarias
As persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e os viñedos.
Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
Para a acreditación do carácter de agricultor/a, que xustifique a realización deses desprazamentos, é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Nese sentido, os axentes da autoridade poderán dirixirse ao dito rexistro para efectuar calquera comprobación que consideren oportuna. No caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo consello regulador da denominación de orixe cando se dan de alta nos rexistros.
Respecto das persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais e, polo tanto, non desenvolvan unha actividade profesional agraria poderán realizar os desprazamentos para o mantemento e atención dos ditos cultivos e viñas, sempre que o desprazamento se realice dentro do mesmo termo municipal en que teñan o seu domicilio, ou noutro adxacente a este, conforme o previsto no artigo 7.1.a) do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo; non obstante, o requisito de proximidade poderá exceptuarse en situación de necesidade nos termos establecidos no artigo 1.2.b) da Orde SND/381/2020, do 30 de abril, do Ministerio de Sanidade.
O desenvolvemento dos ditos traballos realizarase de forma individual, salvo que se acompañen persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada, e polo tempo indispensable, e deberanse en todo momento respectar as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.
CVE-DOG: yasnx157-run2-azt8-ir04-ptkgfbzghzu2
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19072
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
As persoas que teñan cultivos ou viñas de autoconsumo deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que levan a cabo os ditos cultivos, incluíndo a identificación da parcela e o tipo de cultivos que realiza.
No caso de que sexa necesario polo tipo de traballos ou cultivos, ou por calquera outra causa xustificada, contar con dúas persoas para a súa realización, os traballos levaranse a cabo en todo caso polo tempo mínimo e imprescindible, e respectando as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria, e así deberá especificarse na declaración responsable, sinalando o concreto tipo de traballos ou cultivos ou, se é o caso, a causa xustificada de que se trate.
Todo isto sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección por parte da Administración para verificar o contido da dita declaración responsable, de conformidade co disposto no artigo 69.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición derradeira única. Vixencia
A presente disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e estenderá a súa vixencia ata a finalización da declaración do período do estado de alarma ou as prórrogas deste.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020
José González Vázquez Conselleiro do Medio Rural

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.