Galicia|Medidas COVID-19 archivos - Normativa Municipal

Medidas Covid-19 GALICIA
ORDE do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, adoptáronse medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Conforme o punto sexto do dito acordo, as medidas preventivas previstas nel deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Neste sentido, mediante sucesivos acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño, e do 17, do 23 e do 30 de xullo, introducíronse determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación de medidas concretas contidas no anexo. Deste modo, mediante ordes da Consellería de Sanidade do 12, 15, 25, 27 e 28 de agosto, e do 9 de setembro de 2020, introducíronse determinadas modificacións no anexo.

Logo do acordo do Consello Interterritorial de Saúde adoptado o día 14 de agosto, foron declaradas polo Ministerio de Sanidade, o mesmo día, como actuacións coordinadas en saúde pública para responder á situación de especial risco derivada do incremento de casos positivos por COVID-19, de acordo co establecido no artigo 65 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema nacional de saúde, unha serie de medidas e recomendacións dirixidas ao control da transmisión nos eidos que actualmente son a orixe dos gromos epidémicos de maior impacto e risco e para controlar a transmisión comunitaria.

Polo que se refire á medida relativa ao lecer nocturno, a Orde comunicada do Ministerio de Sanidade, do 14 de agosto de 2020, mediante a que se aproba a declaración de actuacións coordinadas en saúde pública para responder ante a situación de especial risco derivada do incremento de casos positivos por COVID-19, indica que «os locais de lecer con horario maioritariamente nocturno (bares de copas, discotecas e salas de baile), constitúen actualmente a orixe dos gromos epidémicos con maior número de casos asociados» e continúa indicando que «neste sentido, a propia natureza da actividade que se desenvolve no interior destes locais dificulta enormemente a implementación práctica doutras medidas como o distanciamento interpersoal».

En cumprimento da Orde comunicada do Ministerio de Sanidade, a Orde do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, acordouse o peche destes locais.

Non obstante, entendendo que nas medidas de prevención actualmente vixentes se establecen tamén unha serie de requisitos e limitacións para toda a actividade de hostalaría e restauración e, especialmente, un réxime de utilización das terrazas no exterior onde se recollen limitacións de capacidade, distancia interpersoal e de control das aglomeracións de persoas, considérase que medidas asimilables poderían ser tamén aplicables aos locais afectados pola medida de peche, cando dispoñan de alternativas de uso no exterior. Neste sentido, pode considerarse que as dúas maiores preocupacións que motivaban a referida Orde comunicada do Ministerio de Sanidade, o horario da actividade e que esta se poida desenvolver no interior dos locais, poderían evitarse cunha actividade exclusivamente en espazos exteriores e cun horario limitado, sempre nas mesmas condicións que os locais de hostalaría e restauración.

En atención ao exposto, escoitado o Comité Clínico de Expertos, de acordo co disposto no punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente dada polo Acordo do Consello da Xunta do 30 de xullo de 2020, e na condición de autoridade sanitaria conforme o previsto no artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, queda modificado como segue:

Un. O número 3.34 do anexo queda redactado como segue:

«3.34. Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.

1. Entenderase por establecementos de lecer nocturno, para os efectos do establecido nestas medidas, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores.

2. Estes establecementos poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo e servizo sentado en mesa, nas condicións que se indican a continuación.

As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

Non estará permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

3. Os establecementos deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán aplicarse as condicións previstas especificamente para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

Segundo. Aplicación desta orde nos concellos e ámbitos territoriais en que se adoptasen medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19

As disposicións do punto primeiro serán tamén de aplicación nos concellos e ámbitos territoriais en que, no momento en que produza efectos esta orde, se adoptasen por orde da Consellería de Sanidade medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 máis restritivas que as xerais establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Terceiro. Eficacia

Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade

La entrada Medidas Covid-19 GALICIA se publicó primero en Normativa Municipal.

Medidas anti Covid-19 GALICIA
ORDE do 27 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, adoptáronse medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Conforme o punto sexto do dito acordo, as medidas preventivas previstas nel deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Neste sentido, mediante sucesivos acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño, e do 17, do 24 e do 30 de xullo, introducíronse determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación de medidas concretas contidas no anexo. Deste modo, mediante ordes da Consellería de Sanidade, do 12, do 15 e do 25 de agosto de 2020, introducíronse determinadas modificacións no anexo.

No dito Acordo do Consello da Xunta de Galicia disponse, no punto 3.21, que a práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos.

No contexto actual, cómpre ter en conta tamén a situación de determinados deportistas, así como dos equipos que participan en competicións de ámbito estatal para introducir medidas de flexibilización que permitan a volta á normalidade.

Deste xeito, considérase adecuado permitir a práctica deportiva con contacto dos deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidos polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación. Esta medida preténdese introducir co obxectivo de garantir a igualdade destes deportistas que agora mesmo están na carreira olímpica, con respecto aos deportes de contacto, garantindo unha participación nos vindeiros Xogos Olímpicos e Paralímpicos en condicións de igualdade co resto dos deportistas participantes. Para os efectos de minimizar o risco de contaxio posible, ademais do cumprimento do protocolo federativo segundo o protocolo básico FISCOVID-DXTGALEGO, esta apertura estará suxeita a medidas de protección específicas que serán visadas pola autoridade deportiva, así como a que se garanta a práctica en grupos estables de adestramento.

No mesmo sentido, considérase adecuado permitir o contacto na práctica deportiva dos equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal. Esta medida preténdese introducir co obxectivo de garantir a igualdade para os equipos galegos que participan en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal, permitindo que adestren en condicións de igualdade co resto de equipos doutras comunidades autónomas onde si está permitido o deporte con contacto.

Por último, tamén é preciso, co obxecto de que os/as deportistas con discapacidade poidan adestrar e competir en condicións de igualdade, permitir a práctica deportiva con contacto dos deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio.

En atención ao exposto, de acordo co disposto no punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente dada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xullo de 2020, e na condición de autoridade sanitaria conforme o previsto no artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

Un. Engádese un número 3.21.bis no anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, coa seguinte redacción:

«3.21.bis. Práctica da actividade deportiva federada.

1. Permítese o contacto físico na práctica da actividade deportiva federada nos seguintes supostos:

a) Deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidos polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación. Os adestramentos deberán celebrarse en grupos estables, permitíndose a participación necesaria de sparrings, e suxeitos a medidas de protección específicas que serán comunicadas á autoridade deportiva autonómica para o seu coñecemento e supervisión.

b) Deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio. Neste suposto, os adestramentos estarán suxeitos a medidas de protección específicas que serán comunicadas á autoridade deportiva autonómica para o seu coñecemento e supervisión, e sempre realizados en grupos estables de adestramento.

c) Equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal con previsión de inicio da competición, salvo que o protocolo da federación española respectiva estableza outra cousa. A práctica de adestramentos e a competición deberá realizarse en grupos de composición estable e suxeitarse a un protocolo en que se teñan en conta medidas de protección específicas. Este protocolo deberá ser presentado para a súa aprobación ás autoridades deportivas e sanitarias de Galicia con carácter previo ao inicio das actividades.

2. Non obstante o establecido no punto 1, a celebración de competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal en Galicia axustarase ao protocolo da respectiva federación deportiva española segundo o disposto no punto III do Protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións federadas e profesionais aprobado polo Consello Superior de Deportes pola Resolución do 4 de maio de 2020 (BOE do 6 de maio).

Para o suposto de que as federacións deportivas españolas consideren necesario realizar adaptacións do Protocolo básico para as competicións que se desenvolvan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán contar coa autorización expresa das autoridades sanitarias e deportivas autonómicas, naqueles casos en que non dispoñan da aprobación previa do Consello Superior de Deportes».

Dous. Engádese un número 3.22.3 no anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, coa seguinte redacción:

«3. Os ditos protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores dos eventos, deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia (DOG do 19 de xuño). Para estes efectos, as autoridades competentes, naqueles eventos que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, darán traslado do protocolo específico á autoridade deportiva para o seu coñecemento e supervisión».

Segundo. Eficacia

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

Jesús Vázquez Almuíña

Conselleiro de Sanidade

La entrada Medidas anti Covid-19 GALICIA se publicó primero en Normativa Municipal.